Saborea o teatro en Carballo! Dálle un bocado ao FIOT...
Todos os venres, sábados e domingos de outubro podedes probar os almorzos, tapas e ceas do festival en 13 locais hostaleiros
Cada ano as propostas do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) transfórmanse en comida para saborear e para desfrutar. Trece locais hostaleiros de Carballo implícanse coa celebración da festa do teatro para ofrecer interesantes propostas gastronómicas coas que animar o noso padal con orixinais bocados de inspiración teatral durante a celebración do festival. Xa é a sétima edición desta ruta na que, en 2019, como novidade, ademais dos habituais almorzos e tapas de todas as edicións, incorpóranse ceas exclusivas para completar as noites de arte dramática do mes de outubro.
Ademais de probar o FIOT tamén na súa versión culinaria, todos os participantes na ruta poden atoparse estes días nos trece locais participantes con pequenas pílulas de humor para aledar o día a cargo da compañía carballesa Galeatro. Por outra banda, participaredes no sorteo dunha noite de teatro para dúas persoas para o FIOT de 2020. Con cada consumición, conseguiredes un boleto. O premio consiste en 2 entradas para unha das funcións con cea, aloxamento e almorzo para dúas persoas en Carballo. Este ano a afortunada foi María Luísa López Losada. Cantas máis tapas, almorzos e ceas probedes, máis posibilidades de gañar!
ONDE E CANDO?
A ruta Dálle un bocado ao FIOT celebrarase todos os venres, sábados e domingos de outubro. As tapas e almorzos poden probarse todos os días de ruta. As ceas, en cambio, estarán dispoñibles cada día nun local diferente. Aquí vos deixamos a info para que non perdades nada!
- ALMORZOS a 3 € de 9.00 a 12.00 h.
- TAPAS a 2 € de 20.00 a 23.00 h.
- CEAS de 22.00 a 0.00 h.; prezo a determinar por cada local. Con reserva previa.
- Pementa Rosa: días 12 e 25 de outubro.
- Restaurante A Esmorga: días 5, 11 e 26 de outubro.
- Restaurante Oasis: días 13, 19 e 27 de outubro.
- Río Sil: días 4 e 18 de outubro.
Escollede o local e a proposta que máis vos apeteza para comer o teatro en Carballo! Non vos arrepentiredes!