Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Un ano máis chegan as alfombras de flores coas...

Compartir:

Un ano máis chegan as alfombras de flores coas festas da Milagrosa

Ademais as celebracións inclúen citas deportivas, lúdicas, gastronómicas e música e diversión do venres 30 de agosto até o domingo 1 de setembro

Vista das alfombras do ano pasado

Vista das alfombras do ano pasado | 📷 Turismo Carballo

Na primeira fin de semana de setembro dende hai xa máis de 30 anos, o barrio da Milagrosa viste as mellores galas para celebrar as súas festas. Manuel Rey Pan, xornalista, escritor e pregoeiro deste ano, lembra na revista dos festexos como empezou a tradición das alfombras de flores, de gran sona e o símbolo máis recoñecible das celebracións. Conta como en 1981 as primeiras foron de serraduras en homenaxe ás fábricas de madeira que aínda había daquela no barrio. E como logo foron a Ponteareas para aprender das alfombras do Corpus. Hoxe en día xente de todas partes achégase para admiralas e para recompensar o duro traballo -que adoita comezar no mes de abril- que supón facelas. As cifras falan por si mesmas:

  • A extensión total das alfombras é de 200 metros
  • Colaboran para facelas máis de 200 persoas
  • Precísanse máis de 20 sacos de sementes de ecucalipto, e máis de 50 caixas de flores.

O venres arrincan as festas co pregón do xornalista Manuel Rey Pan, e rematan o domingo coa verbena nocturna

Pero ademais das alfombras -que poderán verse dende o domingo 1 de setembro a primeira hora da mañá e ata despois da misa- durante toda a fin de semana hai outras moitas actividades. Comezando o venres co pregón de Manuel Rey Pan que sirve de punto de partida e a tradicional procesión nocturna das Antorchas. Seguindo o sábado coa III Carreira de Obstáculos Millagrosa unha cita ben divertida que tamén serve como reto e que cubriu todas as prazas dispoñibles con 110 participantes; ou co I Gran Premio de Baixada de Carros de Bolas que recupera unha tradición de carreiras con carros feitos de forma tradicional. Tamén hai espazo para a gastronomía, cunha gran sardiñada popular o sábado ás 14.00 horas. E por suposto para as verbenas e as sesión vermú, que comezan o venres pola noite e que seguen o sábado e o domingo coas orquestras Puzzle, Trébol, Anduriña e Noche de Estrellas.

HORARIOS DA FIN DE SEMANA

VENRES 31:

  • 21.00 h. Pregón a cargo de Manuel Rey Pan (xornalista e escritor)
  • 22.00 h. Procesión das antorchas
  • 22.30 h. Verbena co Grupo Puzzle
SÁBADO 1:DOMINGO 2:
  • Exposición das alfombras florais dende primeira hora e antes da misa de mediodía.
  • 10.00 h. Pasarrúas coa Charanga NBA
  • 14.00 h. Sesión vermú coa orquestra Noche de Estrellas.
  • 19.30 h. Actuación do grupo de Baile Tradicional Caneca e Media 
  • 22.00 h. Fin de festa con verbena coa orquestra Noche de Estrellas

Ademais, se queredes colaborar coa comisión, a revista das festas -que se editou este ano por primeira vez- pode mercarse por dous euros nos seguintes establecementos do barrio: Casa Francisco, O Estanco da Ponte, Café Bar LB e Bodegón Alberto. Hai cousas ben interesantes!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica