Carballo a un paso

Inicio // Artigos // 12 anos do Torneo-Foliada Concello de Carballo!

Compartir:

12 anos do Torneo-Foliada Concello de Carballo!

A cita de volei praia está prevista para o domingo 11 de agosto na Explanada de Razo e contará con deporte, paella, xogos e moita diversión

Volei na praia de Razo este verán

Volei na praia de Razo este verán | 📷 Escolas de Volei. Praia de Razo

Dende Andalucía, as Illas Baleares, de toda Galicia e, por suposto, de Carballo, son os participantes do Torneo-Foliada Concello de Carballo de volei praia, que cumpre 12 anos e que o domingo 11 de agosto xuntará na Explanada de Razo a xogadores de todas as idades. Na súa xa longa andaina, o torneo ten conseguido mesturar deporte, natureza, gastronomía, festa e ambiente familiar para converterse nunha cita de referencia en toda Galicia. De feito, cada verán o volei praia ten cada vez máis tirón, e a culpa é das Escolas de Volei Praia de Razo, que todos os meses de xullo e agosto converten parte da Explanada nunha gran cancha de xogo para afeccionados/as de todas as idades. O Torneo-Foliada é o colofón a toda esta actividade deportiva, xa que na pasada edición participaron 188 persoas.

As inscricións na cita deportiva poden formalizarse até o mércores 7 de agosto; o límite son 100 parellas

Este ano as inscricións van moi ben, con máis de 50 parellas anotadas. O prazo remata o mércores 7 de agosto, así que, se estades interesados/as, bulide, porque hai un límite de participación de 100 parellas. O Torneo Foliada celebrarase o domingo 11 a partir das 10.00 e até pasadas as 20.00 horas, cun único parón para degustar as dúas paellas xigantes que ofrecerá a organización a todos/as os/as participantes e "bolos preñaos". Haberá trofeos para os/as campións/as e subcampións/as de cada categoría, e medallas para os/as participantes en supermini. Entre todos/as os/as participantes desta edición elixirase o premio "Magic" Mourís 2019 para distinguir os valores deportivos, persoais e de amizade.

Categorías

  • Supermini: 10 anos de idade ou menos.
  • Sub-15: 11, 12, 13 e 14 anos.
  • Sub-17: 15 e 16 anos.
  • Senior: 17 en adiante.
  • Super 80: a suma das idades dos integrantes da parella ten que ser igual ou superior a 80, cunha idade mínima de 35 anos.

  • Para inscricións clic AQUÍ.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica