Actualidade
A forza da vila que comeza
Posto na feira
Carballo ten a forza da vida que comeza, porque a vila nútrese da enerxía e o impulso dunha poboación moi nova e dinámica.
A capital bergantiñá chega á actualidade como unha das vilas máis puxantes de Galicia.
O seu arraigado espírito comercial expándese nas súas afamadas feiras así como no vigor do seu pequeno comercio e de sectores empresariais como as conservas, o metal ou o plástico.