Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Unha hora para descubrir Derrubando muros con...

Compartir:

Unha hora para descubrir Derrubando muros con pintura

Se non tedes tempo para percorrer os 66 murais de Carballo, deixámosvos unha ruta para descubrilos que podedes facer en pouco máis de 60 minutos

O lapis do grafitteiro - Sokram / Foto: Xulio Gil

O lapis do grafitteiro - Sokram / Foto: Xulio Gil

Se non tedes tempo para percorrer os 66 murais que están escondidos polas rúas de Carballo, propoñémosvos unha pequena pílula para descubrir a maxia de Derrubando muros con pintura. Se tes unha hora, xa podes facer a ruta! Incluímos na andaina 14 obras que podes descubrir por ti mesmo a través dos paneis informativos que hai en cada mural. Podes atopar o título, o autor, o ano de creación, unha numeración por orde cronolóxica e un Código QR con toda a información sobre o traballo, incluíndo un texto explicativo e imaxes online. A ruta está ordenada seguindo un percorrido lóxico para que aproveites o tempo ao máximo.

ITINERARIO

Treito 1. Comezamos na Oficina de Turismo, na rúa Martín Herrera. Alí sempre podes pedir información, mapas ou mesmo axuda para facer o percorrido, así que é un bo punto de partida. Alí mesmo temos dous murais, o Músicode Eva Facal e A Eira das Meigas de Nana e Nada. Despois de velos, paseamos por diante da igrexa, baixamos pola rúa do mesmo nome e vemos un dos murais máis recentes, Sin titulo de Lula Goce, do Rexenera Fest 2018.

Treito 2. Cruzamos por enriba do río, seguimos a súa canle e metémonos por unha calella pola rúa San Martiño para subir unhas escaleiras e chegar á rúa Fomento, onde nos atopamos con A pena da moura de Nömada. Seguimos baixando pola rúa Fomento e viramos pola rúa Río para descubrir outra das obras recentes do Rexenera Fest 2018, a Artemisia Vulgaris de Doa.

Treito 3. De aí ímonos todo recto pola rúa Xirona e a rúa Pan para chegar ao Pazo da Cultura, xa que na súa contorna hai tres murais: Morriña de HyuroVisitando o consultorio de Curiot; y O lapis do graffiteiro de Sokram. Volvemos atrás pola rúa Pan até a Luís Calvo e dirixímonos cara á rúa Ponte. Polo camiño atopámonos coa fantasía infantil Elefante de Mon Lendoiro. E máis adiante, asomámonos á rúa Barcelona para ver o Home Carballo de Nove Nö3l.

Treito 4. Volvemos á rúa Luís Calvo e á dereita na rúa Ponte vemos á ninfa Ofelia, de Nana. Xiramos para subir até a rúa Poñente para ver a Tribu Humana de Jorit. Seguimos subindo e ao lonxe xa vemos o último mural do camiño, pero antes temos unha sorpresa na Avenida da Cristina, onde está semi escondida a Petra Mater do arxentino Bosoletti. E a ruta remata no principio con A orixe 2 de MOU na esquina entre a Avenida das Flores e a rúa Fábrica. Un mural que o autor realizou en dúas ocasións, porque o primeiro desapareceu ao derrubarse o edificio no que estaba.

E xa rematamos. Unha hora, ou un pouquiño máis se vos parades a ler a información e a historia de cada mural con detemento, para facer unha ruta polos murais de Carballo. Quen non ten unha horiña libre? Descubrídeos!

MAPA

Máis abaixo podedes consultar o mapa con todos os murais da ruta, así como unha galería con algunhas das obras que atoparedes polo camiño. A que apetece?


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica