Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Arxentina: país convidado no VI Carballo Interplay

Compartir:

Arxentina: país convidado no VI Carballo Interplay

Representantes de cadeas e plataformas do país compartirán protagonismo con directivos de Mediapro, Flooxer (Atresmedia) ou Playz (RTVE Digital)

O Día Pro terá lugar o xoves 4 de abril

O Día Pro terá lugar o xoves 4 de abril

Arxentina é punta de lanza na industria dos contidos dixitais en Latinoamérica, especialmente no que respecta á ficción e ás series feitas para internet. Por iso, será o primeiro país convidado que visita o Carballo Interplay e, grazas á colaboración entre o festival de contidos dixitais e o Cluster Audiovisual de Galicia, as persoas que asistan a unha xornada profesional -DÍA PRO- que terá lugar o xoves 4 de abril poderán coñecer a representantes de cadeas e plataformas do país e mais ao director do Buenos Aires Webfest, festival de referencia no mundo das webseries.

Durante o Día Pro creadoras e creadores poderán conectar coas principais produtoras de contidos dixitais

O Interplay repite Día Pro despois do éxito acadado na pasada edición, co obxectivo de conectar a creadores e creadoras coas principais plataformas e produtoras que están apostando polos contidos dixitais de creación propia. A xornada dividirase en dúas partes: pola mañá representantes das principais asociacións do sector en Galicia -como a AAAGAGAGCREA ou AGAPI- moderarán as mesas sectoriais Na procura do talento dixital, que queren dar a coñecer as novas formas de creación, produción e xestión do talento audiovisual na rede, desde a diversidade de perspectivas que achega cada sector.

Jam-session de talento dixital

Tamén se producirá un encontro co país convidado, Arxentina, e como colofón terá lugar unha Jam-session de talento dixital. Unha sesión de mentoring aberta e informal na que os asistentes poderán preguntarlles aos expertos asistentes as claves para desenvolver o seu proxecto dixital. Destinado a produtores, creadores e talentos dixitais que teñan un proxecto ou unha idea para desenvolver e estean dispostos a contalo en público para recibir consello por parte doutros profesionais da industria.

As persoas interesadas en participar nesta segunda xornada profesional do Caraballo Interplay poden acreditarse, de xeito gratuíto, antes do 29 de marzo na web do festival.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica