Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo, de feira...

Compartir:

Carballo, de feira...

No mes de febreiro axudaremos a difundir a nosa gastronomía e a nosa arte urbana por Galicia con presenza en Xantar e na MIMOC

Empanada e pan de Carballo

Empanada e pan de Carballo

En febreiro, Carballo vai de feira! En Turismo imos de viaxe para difundir a nosa gastronomía e tamén para falar dos nosos murais, dúas señas de identidade da vila que adoitan ter moito éxito alá donde van. E farémolo grazas á Deputación da Coruña, que nos cede parte do seu espazo nas feiras para promocionarnos. Empezamos con gastronomía, xa que o sábado 9 e o domingo 10 de febreiro estaremos en Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Expourense. Levaremos o Pan de Carballo e tamén empanadas para a degustación dos visitantes e para que vexan o riquísimos que están os nosos produtos.

Estaremos de xira os días 9, 10, 15, 16 e 17 de febreiro en Ourense e A Coruña no posto da Deputación da Coruña

Xantar é a única feira internacional de Turismo Gastronómico recollida no calendario oficial de Feiras Comerciais Internacionais españolas. Entre o 6 e o 10 de febreiro celebra a súa 20ª edición despois de 19 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, ademais de crear redes de cooperación en materia de Gastronomía e Turismo Sustentable e Saudable.

Feira de ocio

E a finde seguinte a Xantar, Carballo terá presenza en MIMOC, a II Mostra Internacional do Mundo do Ocio que ten lugar en Expocoruña do 15 ao 17 de febreiro. Neste caso, levaremos información e material sobre o proxecto de arte urbana Derrubando muros con pintura. O obxectivo é dara a coñecer o noso museo ao aire libre. MIMOC acolle durante tres días todas as actividades e novidades do mundo do lecer nun ambiente lúdico e divertido. Food trucks, talleres, charlas, actividades deportivas, actuacións musicais, propostas artísticas son só algunhas das cousas que se poden atopar na feira, na que tamén hai un espazo especial para o turismo.

Carballo medra e con el medra a súa oferta turística e de lecer. E hai que dala a coñecer!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica