Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo rende homenaxe ao seu fillo máis ilustre

Compartir:

Carballo rende homenaxe ao seu fillo máis ilustre

O sábado 12 de xaneiro celebraranse unha serie de actos na honra de Alfredo Brañas con motivo do 160 aniversario do seu nacemento

Estatua de Alfredo Brañas na rúa Coruña

Estatua de Alfredo Brañas na rúa Coruña

O venres 11 de xaneiro de 2019 cúmprense 160 anos do nacemento de Alfredo Brañas en Carballo, fillo ilustre da nosa vila, pai do Rexionalismo galego. Escritor, político, economista, xornalista, xurista e profesor de Universidade, Carballo traballa para poñer en valor a súa figura e para iso, o Concello, o Padroado Alfredo Brañas -de recente creación- e a Real Academia Galega ofrecen unha homenaxe. Presente en todos os recunchos da vila, con numerosos espazos que levan o seu nome, dende unha rúa a un dos institutos, e cunha fermosa estatua frente a casa na que naceu, agora Taberna O'Mexillon, o sábado será obxecto dun completo programa de actos.

PROGRAMA

18.30 horas

  • Recepción no Concello de Carballo ao presidente da Real Academia Galega e convidados/as.
19.00 horas
  • Ofrenda floral na rúa Coruña, xunto á casa natal de Alfredo Brañas. Acto aberto á cidadanía.
  • Recital do alumnado do IES Alfredo Brañas.
  • Interpretación do Himno Galego por antigos membros do grupo de gaitas do Centro Cultural Alfredo Brañas.
19.30 horas
  • "Alfredo Brañas, unha memoria viva". Conferencia no Casino de Carballo con Adriana Hurtado de Mendoza, presidenta do Padroado; Víctor Fernández Freixanes, presidente da Real Academia Galega; José Ramón Barreiro Fernández, ex presidente da RAG e historiador, e Xan Fraga Rodríguez, historiador carballés.

Convidámosvos a unirvos a esta homenaxe e a coñecer mellor o legado de Alfredo Brañas. E tamén a coñecelo mellor a través do labor do seu padroado nesta web <https://padroadoalfredobranascarballo.home.blog>.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica