Carballo a un paso

Inicio // Artigos // A ruta Sendas do Mar está de estrea

Compartir:

A ruta Sendas do Mar está de estrea

O percorrido pola nosa costa renova a súa sinalización para que, cando nos visites, obteñas toda a info que precises a só un clic de móbil

A sinalización está rematándose esta semana

A sinalización está rematándose esta semana

A nosa costa está de estrea. Dende esta semana conta cunha nova sinalización para a ruta Sendas do Mar, un percorrido autoguiado por códigos QR que levan ao visitante desde o porto de Razo ata a praia da Pedra do Sal, nunha viaxe polo espazo natural de Razo-Baldaio. A sinalización actual estaba xa deteriorada, nomeadamente pola súa situación preto do mar, polo que coa renovación dos sinais preténdese poñer en valor un dos principais atractivos turísticos do municipio e mellorar a accesibilidade dos recursos, para que, se nos visitas, obteñas información de maneira sinxela e autónoma dende o móbil.

Novos sinais na praia de Razo

Novos sinais na praia de Razo

A sinalización, ademais dos códigos QR xa existentes, incorpora unha antena NFC (Near Field Communication) un sistema que se usa, por exemplo, no pago contactless das tarxetas de crédito ou no pago co móbil, e que permite que os e as visitantes accedan de forma case instantánea a numerosos contidos relacionados coa nosa costa, como imaxes, vídeos, textos explicativos, etc. Ademais, o material empregado nos paneis destaca pola súa resistencia, especialmente ao medio mariño e aos raios UV, ademais de ser reciclables.

A actuación está financiada a través dun convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia co obxectivo de consolidar a oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxísitica.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica