Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // De onde vimos // Época romana

Compartir:

Época romana

Ponte Lubiáns

Ponte Lubiáns

Carballo foi, dende tempos inmemoriais, cruce de camiños.

Os restos dos baños romanos atopados no século XVIII nos mesmos terreos do balneario actual apuntan a que a vila puidera ter sido, en época de Augusto, Glandimiro, lugar de repouso e pousada á beira dunha importante calzada romana, a Vía Per Loca Maritima, que cruzaba Gallaecia de sur a norte.

A Per Loca atravesaba o Anllóns sobre a Ponte Lubiáns, unha das máis estreitas de Galicia, nas lindes entre Carballo e Coristanco. Nada hai claro sobre a súa orixe. Aínda que hai quen considera que a ponte, tal e como a vemos na actualidade, podería ter sido construída no medievo, tamén se especula con que a súa orixe é anterior, da época romana.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica