Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Branca e radiante vai a noiva... Vai ser que...

Compartir:

Branca e radiante vai a noiva... Vai ser que visitou Expo Voda!

O sábado 10 e domingo 11 de novembro o segundo andar do Mercado acolle a sexta edición do salón nupcial do Centro Comercial Aberto Carballo

Expo Voda

Vodas, comuñóns, festas, agasallos, fotografía, beleza, banquetes, animación, madriñas e padriños, viaxes, xoiería, seguros, discotecas móbiles..., e, por suposto, traxes de noivo e noiva. Todo o que precisas para organizar calquera evento con todo o glamur no sexto salón nupcial e de celebracións Expo Voda. O sábado 10 e o domingo 11 de novembro un total de 35 empresas especializadas do sector ocuparán o segundo andar do Mercado Municipal para informar a quen se acheguen con toda a súa ilusión a preparalo todo para ese día tan especial. O horario de atención será de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.00 horas e a entrada é de balde.

Ademais, o o público poderá participar no sorteo de dúas fins de semana en parella e beneficiarse dos descontos que ofrecerán todas as empresas durante a feira, un motivo máis para visitar o Mercado. A experiencia conta tamén este ano con citas moi orixinais e divertidas, con moitas actividades entre as que destacan exhibicións de danza polinesia (sábado ás 17.30 e domingo ás 17.30 e 19.00 horas), recreacións dunha voda civil (sábado e domingo ás 18.00 horas) e degustacións (sábado e domingo ás 18.30 horas). Cada día antes do peche será o o sorteo da viaxe de fin de semana.

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

Este ano haberá actividades como exhibicións de danza polinesia ou a recreación dunha voda civil

Os establecementos participantes son: CCA CarballoMarián RiestraMoll EstradaBodorrio, The Louro Studio, Silvia Picouto (Thermomix), Suunia Viajes, Mundiviajes, Alfombra Roja Zapatos, Lorena Sixto Peluquería, Alonso Moda, Alquileres Reneymar, Sastrería Miguel, Restaurante Aldeola, Galimusic, D Musik, Taracido Moda Infantil, Anim-Art, Kyrie, Cuatrofotos  (fotomatón), Retrátate  (fotomatón), Dime sí quiero, O Recreo Animación, Divirtt Animación, Joyería Regueira, Floraría Cáncaro, Eventos Galicia (DJ), Ermitas Rielo Beleza, Costa Caión, Mmmm Xeados!, Bombonería Praliné, Cabliseña, JGCAR, Adeslas  e Esther Rey Asesoramento Nupcial.

Agradecementos

A organización quere agradecer a colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello de Carballo, e a todas as persoas que desinteresadamente aportan a súa axuda, ademais de destacar as achegas de Floraría Cáncaro, que decorará e ambientará a voda civil; Mmmm Xeados! pola degustación; Galimusic pola ambientación musical e a megafonía; JGCAR; aos casamenteiros Dani e Fran Rodríguez; a Peluquería Beni; e aos e as modelos.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica