Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Chute de teatro na recta final do FIOT!

Compartir:

Chute de teatro na recta final do FIOT!

O derradeiro fin de semana do XXVII FIOT contará coa presenza da coñecida actriz Aura Garrido: o sábado 27 con El Tratamiento

Un momento da proposta Un enemigo del pueblo

Un momento da proposta Un enemigo del pueblo

Despois de tres semanas intensas de teatro, Carballo afronta os derradeiros días do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT). OTNI, m2 e funcións no Pazo da Cultura para comezar a despedir o mes do teatro con intensidade. As citas comezan o O venres día 26, ás nove da noite, e dentro do ciclo OTNI, a compañía catalá Íntims Produccions representará “Wasted”, da dramaturga, poetisa e rapera británica Kate Tempest. Con "Wasted" o público vivirá unha experiencia intensa e fascinante que conta o reencontro de tres amigos que, decepcionados polos soños incumplidos, buscan recuperar a mocidade perdida e os lazos que lles unían. A obra propicia a complicidade do público integrándoo no espectáculo. Dirixe a obra o innovador Iván Morales.

A compañía Kamikaze, que ten visitado o festival en varias edicións, presenta este ano Un enemigo del pueblo

O sábado 27 o día estará centrado nas actuacións de do certame m2, Metro Cadrado, de acceso libre para o público e con varios pases: á unha do mediodía, unha e media, sete e sete e media da tarde. “A historia dás flores”, que será estreada en Carballo pola compañía Tukumpás Teatro, é unha comedia xestual que utiliza a música e a manipulación dos obxectos para narrar unha historia que paga a pena compartir. As representacións serán na Floraría Taibo. En paralelo, a compañía Moito Morro Teatro porá en escena o espectáculo “A bonequiña”, nos soportais da rúa Jacinto Amigo Lera, onde se desenvolverá unha aloucada comedia que mostra un día na vida dun ventrílocuo arruinado.

¡Todos sometidos a El tratamiento!

Aura Garrido

Aura Garrido

O sábado 27 de outubro ás oito e media da noite, no Pazo da Cultura de Carballo, o público do FIOT gozará do estreo en Galicia de “El tratamiento” de Pablo Remón, autor do texto e director desta proposta. "El tratamiento” dura unha hora e media e é tan necesario como eficaz, tan intelixente como belo, tan poético como realista e tan divertido como trascendente. É unha sesión intensa de teatro integral que conta a historia dun guionista que persegue o soño de escribir e producir a súa propia película, parodiando unha realidade atroz a través da industria do espectáculo.

“El tratamiento” é unha sorprendente proposta feita de retales de vida duns personaxes que falan ao público da importancia de aproveitar o momento, á vez que reflexionan sobre o sentido que ten seguir contando historias. Entre o elenco, hai que subliñar a presenza da coñecida actriz de cine e televisión Aura Garrido, recordada por series como El Ministerio del Tiempo.

Un enemigo del pueblo

“Un enemigo del pueblo”, a obra máis crítica do FIOT, chega ao Pazo da Cultura o domingo 28 de outubro ás oito da tarde. Trátase dunha versión libre de Álex Rigola do clásico de Henrik Ibsen posta en escena pola compañía El Pavón Teatro. Rigola, que é un dos directores máis importantes e innovadores da escena española, converterá o patio de butacas do FIOT nun ágora onde o público xulgará aos personaxes e os feitos que van interpretando os actores, emitindo o seu dictame mediante votaciones que obrigan a examinar a democracia, a liberdade de expresión ou a ética fronte ao poder. Será unha experiencia única da que o público do FIOT non sairá indiferente.

Escollede a vosa cita, comprade a entrada e a aproveitas os últimos días de teatro en Carballo!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica