Carballo a un paso

Inicio // Que facer // Rutas // VISITAS GUIADAS

Compartir:

VISITAS GUIADAS

Pola costa, polos murais de Derrubando Muros con pintura e do Rexenera Fest, polo Museo de Bergantiños... Contacta con nós e infórmate!

Mural de Bosoletti do Rexenera Fest 2018

Mural de Bosoletti do Rexenera Fest 2018

Tes gañas de saber máis cousas sobre os murais de arte urbana de Derrubando Muros con pintura e do Rexenera Fest? ¿Apetéceche facer un percorrido por eles? ¿Ou se cadra prefires facer unha ruta pola costa do municipio e coñecer todas as furnas, calas e segredos que agocha o litoral de Baldaio e Razo? ¿Ou quizais queres saber algo máis da localidade, da súa historia ou dos seus costumes e tamén da nosa comarca no Museo de Bergantiños...?

Pois podes optar a realizar unha visita guiada na que coñecer toda a información e percorrer os lugares de interese de Carballo de forma gratuíta. Só tes que xuntar un grupo de cinco ou máis persoas, cubrir o noso formulario de solicitude ou chamar ao 981 702 077 e obter toda a info para poder realizar os percorridos. Tamén podes informarte no correo electrónico <museo@carballo.gal>.

Arte urbana, mar e lecer...

Os murais de Derrubando muros e do Rexenera Fest están espallados por toda a capital municipal carballesa. Numerosos artistas internacionais e locais teñen deixado a súa pegada en moitos dos recunchos da localidade, con motivos que van desde o amor, ás alegorías, a igualdade entre homes e mulleres, a guerra e a paz ou as ansias de superación; con imaxes que reflicten a natureza, seres mitolóxiicos ou o noso día a día.

A nosa costa, mar aberto ao Atlántico, unha xanela sobre o océano na que facer surf ou voleibol, na que pasear ou descansar, que nos ofrece o noso marisco, pero que tamén esconde a nosa flora e fauna autóctonas.

E finalmente tes a nosa Oficina de Información Turística, Museo de Bergantiños, situado no centro da localidade para aqueles viaxeiros que queiran saber máis sobre a historia de Carballo, un pobo que naceu ao redor dun balneario pero que evolucionou e cambiou desde o seu nacemento, do mesmo xeito que toda a comarca de Bergantiños.

Todo está á túa disposición a tan só unha chamada ou un mail de distancia! Ven a Carballo e goza connosco!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica