Arte na rúa en Carballo con Crea Formas!
A asociación organiza unha xornada na Praza do Concello con obradoiros para nenos e adultos, música, un debate literario... Non o perdas!
Cartel de Emi de las Heras
O sábado 20 de outubro a arte sae á rúa en Carballo coa asociación Crea Formas Artísticas. Durante todo o día a Praza do Concello ofrece actividades para pequenos e maiores nas que poderedes dar renda solta ás vosas inquedanzas artísticas e tamén, por que non, para pasar un agradable rato en familia. As actividades sucederanse dende as 12.00 e até as 20.00 horas na Praza do Concello e no Xardín Municipal, todas de asistencia libre e gratuita. Haberá obradoiros infantís de mosaicos da antiga Roma e tamén con barro; obradoiros sobre como facer un marcapáxinas ou sobre como elaborar un collage; para adultos os talleres centraranse na "Iniciación ao retrato" e na elaboración de collages con papel pintado. Ofertas para todos os gustos!
Además, ás 17.30 horas o programa céntrase na literatura co debate público "As odiseas cotiás como material literario". A cita está coordinada por Santi Pazos e toma como punto de partida o Ulises de Homero e o de Joyce. O primeiro vive unha viaxe con acontecementos extraordinarios e o segundo unha vida sinxela e cotiá, pero os dous son protagonistas de obras literarias excepcionais. Será que o cotiá pasa a ser excepcional cando se conta dunha forma determinada?
Música e novidades
Os participantes nos obradoiros e quen compren merchandising de Crea Formas participarán no sorteo dunha obra dun membro da asociación
Durante todo o día os obradoiros estarán animados por actuacións musicais. Pola mañá Raigañas de Cerqueda; a media tarde Robert Pier e logo as Cantareiras de Arume; e xa para o peche ás 20.00 horas a Traskiband, a agrupación musical do Camiño dos Faros. Este ano, ademais, a cita conta cun posto en exclusiva para a Asociación Crea Formas no que se venderá merchandising da entidade: camisetas e bolsas. Quen as merquen ou participen nos obradoiros gratuitos poderán cubrir un boleto para participar nun sorteo de obras dos integrantes de Crea Formas.
Así que xa sabedes, música, literatura, arte, e bo tempo, xa que avanzan sol para esta fin de semana. Saíde á rúa!
PROGRAMA COMPLETO
12.15-13.45 h.:
- Obradoiro "A creación de mosaicos na antiga Roma". Nenos.
- Obradoiro "Xogando có barro". Nenos.
- Obradoiro "Marcapáxinas con acuarela". Nenos.
- Actuación musical Raigañas de Cerqueda.
- Obradoiro de Collage infantil. Nenos de 6 a 12 anos.
- Obradoiro de cinema. Nenos.
- Obradoiro "Iniciación ao retrato". Adultos.
- "As odiseas cotiás como material literario". Debate público. Adultos. Xardín Municipal rotonda da Palmeira.
- Actuación musical de Robert Pier.
- Obradoiro "A creación de mosaicos na antigua Roma". Nenos.
- Obradoiro "Collage con papeis pintados". Adultos.
- Actuación musical Cantareiras de Arume.
- Sorteo de obras e concerto de peche coa Traskiband.