Tratamentos termais
Piscina de auga termal
A completa oferta do noso moderno balneario termal fai del unha excelente opción para mimarse e coidarse.
Poderás escoller entre unha variada oferta e segundo o que se adecúe mellor aos teus desexos e necesidades: piscina de augas termais, baños, ducha circular, paralodos, masaxes ou tratamentos estéticos.
A piscina de augas termais conta con sistema de hidromasaxe, burbullas e chorro. A temperatura da auga adoita estar a 34 graos. Os baños, de duración variable dependendo da prescrición médica, son recomendados para problemas diversos de ósos, de pel e circulatorios. A ducha circular e o chorro son auténticas masaxes con auga. Baséanse na aplicación sobre o corpo de auga mineromedicinal a presión.
Para problemas respiratorios, o balneario conta con técnicas como as duchas nasais, as farínxeas ou as inhalacións.
Para dores musculares e de ósos son especialmente recomendables os paralodos, unha especie de placa de barro quente que se aplica nas costas e nas articulacións.
Destacan, entre os tratamentos estéticos do balneario, os envolvementos. Escólleo en función das túas necesidades. Os de algas son anticelulíticos; os de lodos, terapéuticos, e os de chocolate garántenche un bo momento para o relax.
O balneario tamén conta con oferta de masaxes relaxantes, con diversos tratamentos faciais (peelings, cremas hidratantes, máscaras…) e mesmo cunha liña de produtos cosméticos elaborados a partir das súas augas termais.