Os pombais
Pombal - Razo
Ter un pombal non che era para calquera. Durante séculos, foi privilexio de pazos, casas labregas grandes e reitorais. E así, podemos atopar pombais nos pazos de Vilar de Francos e As Pallas ou, preto dos igrexarios, en Entrecruces, Sofán, Oza ou Lema.
En Carballo, destaca o de San Miguel de Vilela, moi próximo á igrexa e a unha fonte de augas con sona de milagreiras. O lugar, ademais, ofrece unhas fermosas vistas de Baldaio. Tamén é exemplar de bo porte o de Vilar de Cidre, en Razo.
Pombal - Vilela