Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Os vehículos invaden Carballo coas festas do San...

Compartir:

Os vehículos invaden Carballo coas festas do San Cristovo

Os días 4 e 5 de agosto o barrio festexa o seu patrón con sesión vermú, verbenas e a tradicional procesión: o domingo despois da misa das 12.30h!

Procesión de 2017

Procesión de 2017

Vehículos sobre rodas de todo tipo invadirán o domingo 5 de agosto as rúas de Carballo. Engalanados con flores, con plantas e con estampas, únense á procesión do San Cristovo que cada ano anima as festas do barrio e que se deixa sentir en toda a vila. Aínda que todo o mundo agarda con expectación a comitiva do domingo, as celebracións comezan xa o sábado 4.

O programa inclúe dianas e alboradas con bombas de palenque dende primeira hora; misa solemne ás 12.30 horas na honra da Nosa Señora de Lourdes e Boa Viaxe; e logo sesión vermú coa orquestra Limón. Segundo nos din dende a comisión, se hai xente haberá música toda a tarde e ata que o corpo aguante. Pola noite, a verbena de novo con Limón e disco móbil impacto.

Orquestra Metrópolis

O domingo repetiranse no programa as dianas e alboradas coa misa solemne ás 12.30 horas na honra de San Cristovo, patrón dos viaxeiros e, por extensión, dos medios de transporte. Xusto despois da misa, sobre as 13.15 horas, será o momento da procesión á que pode sumarse calquera vehículo sobre rodas. Moi vistoso e tamén moi ruidoso e alegre, o séquito percorre as rúas de Carballo nunha xira con saída e chegada no barrio. E nesta segunda xornada de festa, a orquestra para a sesión vermú -tamén ata que os veciños e veciñas queiran- e para a verbena da noite será Metropolis. De novo, a disco móbil é Impacto.

A comisión quere agradecer a colaboración da veciñanza, que fixo posible a celebración das festas un ano máis

A comisión de festas, un novo equipo que se encarga de organizalas dende o ano pasado partindo de cero, quere agradecer a todos os veciños e veciñas a súa colaboración para facer posible a celebración do San Cristovo. E convidan a todos os veciños e veciñas e visitantes a pasar polo barrio para gozar con eles!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica