Carballo a un paso

Inicio // Artigos // A igualdade dende múltiples puntos de vista coa...

Compartir:

A igualdade dende múltiples puntos de vista coa mostra Arte é feminino

A exposición marca o comezo da programación das Festas de San Xoán 2018 e poderá visitarse até o 15 de xullo en horario de 17.00 a 21.00 horas

Foto de familia na inauguración da exposición

Foto de familia na inauguración da exposición / Foto: Cultura Carballo

Un alegato a prol da igualdade, porque "as artes fannos mellores persoas", en verbas de Esther Chamoso, unha das artistas que participan na mostra "Arte é feminino". Unha exposición para colaborar na construción dunha sociedade máis xusta na que a muller cobra un papel fundamental. Preto de vinte autoras e autores vinculados con Carballo amosan na sala de exposicións Alberto Gende situada no terceiro andar do Pazo da Cultura algunha das súas obras para construír unha escolma na que tanto poden verse óleos ao modo tradicional, como vídeo-performances ou texturas que saen do seu propio contexto, esculturas, fotografías... Todas cun mesmo leitmotiv, a visibilización, a denuncia, o retrato, a exposición das mulleres e da súa situación.

En arame de espiños, no chan, en escultura, atada... múltiples formas e múltiples interpretacións da muller

En arame de espiños, como pegada no chan, envoltas en cores, como escultura, atada... múltiples olladas e múltiples mulleres nunha mostra coa que comezan oficialmente as festas de San Xoán, e que, como os propios festexos patronais, acolle as expresións de artistas e creadores tan diversos como A.m.a., Ana García, Antonio Taracido, Chiña, Cristina Castro, Damián Varela, Esther Chamoso, Eva Facal, Javier Rodríguez, Lola Oviedo, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, Mónica Noya, O'Mighelo, Pedro Tasende, Peter Kramer, Raúl Herrera ou Teresa Candal.

Horarios de visita

Aínda que esta mostra encádrase tradicionalmente nas festas de San Xoán, os interesados e as interesadas en visitala poderán facelo moito máis alá das festas, até o domingo 15 de xullo no 3º andar do Pazo da Cultura. En horario de 17.00 a 21.00 horas de luns a domingo. 

Non perdades a oportunidade de gozar coa arte local, pero en clave universal! En Carballo.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica