Parapente e ala delta

Foto: Miguel Navaza
Á praia de Razo acoden amantes tanto dun como doutro deporte para sulcar os ventos.
Se as condicións meteorolóxicas e o vento acompañan, mesmo se pode chegar até Malpica.
Tamén preto da praia de Leira, preto xa de Caión, tes outra zona de despegue habitual para a práctica do parapente.