Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Tapas e almorzos de inspiración fioteira en 9...

Compartir:

Tapas e almorzos de inspiración fioteira en 9 locais hostaleiros os días de función de sala do FIOT

Quen probe as tapas entrará no sorteo de entradas para o festival, ademais dunha cea e aloxamento de balde nun establecemento de Carballo

Dálle un bocado ao FIOT 26

O almorzo da cafetería Valle Inclán está inspirado na obra Divinas palabras

A Barra Bar, Café Colón, Café Valle Inclán, Cafetaría Pazo da Cultura, Cervexaría Ágora, Mesón A Cabaña, Taberta O Mexillón, Tomasa Taller de Repostería e Vinoteca Ánfora integran unha ruta gastronómica e teatral única. Coincidindo cos espectáculos de sala do Festival Internacional Outono de Teatro (os días 29, 30 de setembro e 13, 14, 15, 20, 21, 22, 27 e 28 de outubro), estes nove locais convídannos a darlle un bocado ao FIOT.

Cartel da ruta de pinchos Dálle un bocado ao FIOT

Cartel da ruta de pinchos Dálle un bocado ao FIOT

Dálle un bocado ao FIOT é unha proposta da Concellaría de promoción Económica que complementa a programación teatral e que ofrece ao público a oportunidade de degustar sabedores e completos almorzos por 3 euros en Café Colón, Café Valle Inclán e Taller de Reportería Tomasa, ou ben orixinais tapas como as que ofrecerán, por 2 euros, A Barra Bar, Cafetería Pazo da Cultura, Cafetería Pazo da Cultura, Cervexaría Ágora, Mesón A Cabaña e Vinoteca Ánfora.
Entre os suxestivos nomes dos pinchos están o almorzo "Divinas palabras" (Valle Inclán) e das tapas "Ruada de papas e unto" (A Barra e O Mexillón), "Mar revolto" (Ánfora, O Mexillón e Pazo da Cultura), "Entre dos mundos" (Ágora) e "Ás do peixe" (Ánfora).
Ademais, con cada bocado que lle deas ao FIOT participarás no sorteo de 2 entradas para a edición de 2018, con cea, aloxamento e almorzo para dúas persoas.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica