Carballo a un paso

Inicio // Artigos // A Milagrosa volve viaxar ao Medievo

Compartir:

A Milagrosa volve viaxar ao Medievo

O popular barrio carballés acolle, do 19 ao 21 de maio, a cuarta edición do Mercado Medieval

Mercado Medieval 2017

Un dos funámbulos que animan o Mercado Medieval

A Praza da Milagrosa converteuse hoxe, ata o domingo, nun Mercado Medieval. É a cuarta edición dunha feira que organiza a Asociación de Comerciantes, Hosteleiros e Profesionais do Barrio da Milagrosa, que contou co apoio do Concello e a Deputación da Coruña. Este ano quen se achegue ao popular barrio carballés poderá atopar nos 51 postos instalados no recinto desde produtos de alimentación, ata pratería, xoguetes de madeira, xabróns artesáns, flores, bolsos, carteiras e unha zona habilitada para que xoguen os máis cativos.

Mercado Medieval 2017

Evencio Ferrero e Xose Regueira, durante a súa visita á feira

O programa apostou este ano pola música de gaitas, a animación de malabares, unha Cea Medieval para cen comensais e karaoke incluído (o sábado, ás 22.00 horas), e a xa tradicional exhibición de cetrería: o sábado e o domingo, en dúas sesións, entre as 12.00 e as 13.00 horas e entre as 18.00 e as 19.00, aínda que os visitantes (entre os que estará, o domingo, a Televisión Galega) poderán gozar da beleza das as aves, cando non voen, durante toda a xornada. Quen madrugaron para non perder detalle foron Evencio Ferrero e Xose Regueira. O alcalde e o concelleiro de Turismo achegáronse ao Mercado a primeira hora da tarde, na compaña de Isabel Vázquez, presidenta da entidade organizadora, e puideron comprobar de primeira man o bo ambiente que ofrece cada ano este evento.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica