Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O alcalde de Carballo abriu o IV CIP pedindo mil...

Compartir:

O alcalde de Carballo abriu o IV CIP pedindo mil primaveras máis para o Interplay

A estrea da longametraxe Fogueo, de David Sáinz, foi o prato forte da xornada inaugural

Inauguración CIP 2017

A directora do CIP, Sonia Méndez, intervén na inauguración do festival

O alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro, abriu esta cuarta edición do festival pedindo "mil primaveras máis para o Interplay", parafraseando a Álvaro Cunqueiro. Un evento, asegurou o rexedor, que ofrece ao público "novos procedementos de transmisión de coñecemento e de valores", "novas propostas que tenden pontes e nos unen ao mundo". O concelleiro de Promoción Económica, Xose Regueira, insistiu nesta idea, asegurando que o Interplay é "garantía de que a cidadanía o pasará ben coñecendo o que se está facendo agora na rede". A directora do festival, Sonia Méndez, agradeceu o apoio do Concello de Carballo e dos patrocinadores e colaboradores: Deputación da Coruña, Flooxer, CREA, AGAG, Lodeiros, Nissan Antamotor e A Barra bar.

Inauguración CIP 2017

O alcalde e o concelleiro de Turismo, con parte do equipo do CIP 2017

No progama de onte estivo tamén o pitching público polo beneplácito do xurado do premio ao mellor proxecto de webserie en galego. Catro  son os proxectos finalistas: o drama existencialista Albedrío, creado por J.S. Raimundi e Álex Vázquez e protagonizado por Melania Cruz e Tito Asorey; a comedia de situación Efectos Secundarios, creada e protagonizada por Pablo Cobos e Paula Ballesteros-Arias; a comedia con pequenas tinturas dramáticas Hai vida en Bran, creada e protagonizada por Ángela Andrada, que se acompaña por un nutrido grupo de personaxes que rompen estereotipos; e máis a comedia fantástica Megamadriñas, que mestura o mellor da épica dos superheroes co máis enxebre do rural galego, baixo a batuta de Antón Coucheiro, Paulo Rubal e Joseba Muruzábal.
O xurado, composto por Mafalda González-Alegre, de Flooxer; David Sainz, da produtora Diffferent Entertanment; Xosé Regueira e Sonia Méndez, decidirá quen leva o premio de 1.500 euros para gravar os 3 primeiros capítulos do proxecto gañador.

Cartel de Fogueo

Cartel da longametraxe "Fogeo", de David Sáinz

O prato forte da primeira xornada foi a estrea de Fogueo, a longametraxe coa que David Sainz (creador das webseries “Malviviendo” e “Entertainment” e un dos padriños do CIP) conta a historia duns perdedores que só teñen unha opción para levar a cabo o seu soño: facelo eles mesmos. Despois da proxección, o público asistente falou do filme con director Saínz e coa outra madriña do fesival e tamén productora do filme de Sáinz, Teresa Segura.

Comezaron as proxeccións

O Pazo acolleu tamén as proxeccións dalgunhas das 35 webseries de todo o mundo que participan na sección oficial do Festival. Puidemos as webseries en galego: AntolepsiaGalicia CrimeAs Aventuras de Po, Dalle Jas e Teño unha horta en San Sadurniño. E tamén un menú degustación con webseries de Alemaña, Arxentina, Reino Unido, Nova Zelanda e Israel.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica