Museo de Bergantiños
Museo de Bergantiños
S. XIX
Antiga cárcere do partido xudicial
R/ Martín Herrera, 8
Foi a antiga cárcere do Concello. Hoxe en día, rehabilitado polo prestixioso arquitecto Manuel Gallego Jorreto, o Museo permite achegarnos á cultura, á historia e aos costumes das terras bergantiñás.
O Museo conta no seu baixo con varias salas dedicadas á nosa comarca, e mais unha centrada na Costa da Morte. A través delas poderás coñecer máis sobre a nosa paisaxe, a nosa tradición agrícola, o pan, que é o noso produto estrela, ou sobre a historia de Carballo.
No patio central atoparás varios paneis sobre a liña de trolebuses Carballo-A Coruña, a primeira liña de estrada que se electrificou en España.