Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Sicixia: unha peli rodada en Carballo para gozar...

Compartir:

Sicixia: unha peli rodada en Carballo para gozar cos cinco sentidos

Os espectadores poden vela en cines a partir do 25 de novembro e sentir os sons, as imaxes e a vida na Costa da Morte

Presentación de Sicixia en Carballo

Un momento da presentación de Sicixia en Carballo

Una peli para "escoitar a natureza" e para "sentarse a escoitar á nosa xente". Así define o director de "Sicixia", Ignacio Vilar (director de filmes como "A Esmorga") este traballo no que os sons teñen un protagonismo indiscutible, ofrecendo ao espectador a posibilidade de espertar os sentidos ante unha obra cinematográfica espectacular para a vista e o oído. O delicado equilibrio entre ficción e realidade ou o tratamento da igualdade de xénero e a homenaxe á vida da Costa da Morte son tamén algunhas das cuestións máis destacadas sobre "Sicixia", una película para sentir.

A fita conta con actores e actrices como Marta Lado, Monti Castiñeiras ou Artur Trillo e a dirección de Ignacio Vilar

Os creadores da fita, Ignacio Vilar e os actores Marta Lado e Monti Castiñeiras -e outros membros do elenco como Arantza Villar, Daniel Trillo ou Artur Trillo- estrean en Carballo este traballo no que saen numeroso puntos da nosa vila e do noso municipio e que percorre de arriba abaixo a Costa da Morte. Monti Castiñeiras asegura que "foi un pracer percorrer toda a Costa da Morte" e "coñecela de verdade, en profundidade". Tamén tivo verbas para os sons da película, xa que merece a pena descubrir con eles a vida da contorna.

Degustar Carballo e a Costa da Morte

Ademais do fotocol e da proxección de "Sicixia" a estrea do filme en Carballo conta coa posibilidade de viaxar á "Costa da Morte a través dos cinco sentidos", xa que inclúe unha degustación de produtos do mar da man dos cociñeiros Iván Domínguez (Grupo Nove; Grupo Amicalia; Estrela Michelin), Pedro Roca (Restaurante Pedro Roca), Miguel G. Silvarredonda e Tino Otero (Porto-Muíños) co fin de complementar a experiencia audiovisual cos sabores e aromas máis característicos da Costa da Morte.

E dixámosvos coas verbas de Monti Castiñeiras, que dá todas as claves para vivir "Sicixia en Carballo". Idela perder?


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica