Carballo, capital europea do surf co Rip Curl GromSearch 2016
A proba dispútase na praia de Razo entre o 31 de outubro e o 6 de novembro cos mellores surfeiros españois e do continente
Rip Curl GromSearch
Os mellores surfeiros júnior europeos prepáranse para competir na nosa praia de Razo na final europea do Rip Curl GromSearch 2016, o circuíto internacional que percorre os cinco continentes en busca de novas promesas do surf mundial por debaixo dos 16 anos. Os campións das cinco roldas europeas do circuíto, celebradas en España, Francia, Portugal, Reino Unido e Italia, en categoría masculina e feminina, daranse cita entre o 31 de outubro e o 6 de novembro para disputar o título europeo da tempada. Un total de 18 riders participarán na proba. Os españois Diego Suárez (Canarias), Yael Pena (Canarias), Nadia Erostarbe (Euskadi) e Iara Domínguez (Euskadi) son os primeiros da lista, froito do seu triunfo na final nacional clasificatoria disputada recentemente na praia dos Tolos (Cantabria).
La prueba reúne a los mejores surfistas sub-16 que buscarán las mejores olas para disputar la prueba
A eles sumarase, en calidade de wildcard convidado pola organización, o cántabro Sexan Gunning (Cantabria). Fronte aos cinco surfeiros estatais situaranse os respectivos campións do resto das roldas por países: catro franceses, catro británicos, catro portugueses e un deportista italiano, que completarán o reparto europeo de luxo do evento. Cunha contorna privilexiada e numerosas alternativas de surf na zona (Soesto, Nemiña, Malpica...), a praia de Razo será o escenario perfecto para desenvolver o campionato, que conta cun período de espera de sete días, desde o 31 de outubro até o 6 de novembro, datas entre as cales buscaranse as mellores condicións das ondas para desenvolver a proba, que poderá disputarse nunha única xornada de competición.
Un circuíto de novos talentos dende 1999
Desde os seus inicios en Australia en 1999, o circuíto GromSearch veu descubrindo aos mellores novos talentos do surf internacional, como os campións do mundo Gabriel Medina (BRA), Mick Fanning (AUS), Tyler Wright (AUS) ou Stephanie Gilmore (AUS), ou os surfeiros de éxito Alana Blanchard (HAW), Matt Wilkinson (AUS), Jordy Smith (ZAF) ou Leonardo Fioravanti (ITA).
A final europea do Rip Curl GromSearch está patrocinada por EQ, Smith Optics, FCS, Gorilla e Citroën, en colaboración co Concello de Carballo, Art Surfcamp, Teiron Surfshop e Health & Sport.