Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Surf, teatro, andainas polo noso patrimonio natural, saídas para recoller setas... moitas propostas e moi variadas para este outono!

VENRES

Eroski Paraíso

Eroski Paraíso

Ciclo OTNI. Estrea en Galicia de "Micro-Shakespeare" con Laitrum Teatre. Praza do Concello. De 17.30 a 20.30 h. Os grandes clásicos de Shakespeare HamletMacbethRomeo e XulietaA tempestade e Soño dunha noite de verán condensados en 8 minutos e todos xuntos na Praza do Concello.Ti serás o protagonista deste espectáculo de teatro de obxectos, xa que a participación dos espectadores é imprescindible nesta instalación de teatriños concibidos como pequenas obras de arte cunha dramaturxia adaptada e creada para que interactúe o público. Só hai que poñerse uns auriculares e deixarse levar por unhas instrucións, dispoñibles en cinco idiomas. Estrea en Galicia. Pases de 8 minutos. Entrada libre.

FIOT: "Eroski Paraíso" coa compañía galega Grupo Chévere. Pazo da Cultura. 21.00 h. Unha parella coñécese a finais dos 80 na sala de festas Paraíso de Muros. Paraíso pechou e vinte e cinco anos despois Eva traballa no supermercado dunha gran cadea que abriu no mesmo local.A historia que separa aquela sala de festas do supermercado cóntase dende a mirada dunha filla, mirando aos seus pais a través do obxectivo dunha cámara, tratando de reconstruír a vida que nunca chegaron a ter e a transformación da nosa realidade máis próxima nestes últimos 25 anos. Tras recibir o Premio Nacional de Teatro, esta é a primeira produción desta compañía que naceu un par de anos antes que o FIOT e participou na nosa primeira edición co mítico Río Bravo, e que é esencial para entender a nosa realidade social, política e cultural. Ao finalizar o espectáculo farase entrega do Xograr de Outono FIOT 2016 a Miguel de Lira. Duración aproximada do espectáculo, 90 minutos. Entrada 7 euros.

SÁBADO E DOMINGO

Surf en Razo

Surf en Razo

Proba Circuíto Galego infantil, xuvenil e open de surf, body, longboard e Paddle. Praia de Razo. Todo o día. A praia de Razo e as súas ondas acollen o sábado 22 e o domingo 23 de outubro a 4ª Proba Circuíto Galego infantil e xuvenil de surf e bodyboard e a 3ª proba Open Surf, Longboard e Bodyboard puntuables para o Circuíto Galego. O espectáculo do surf invade a praia de Razo para que tanto os competidores, como todo aquel que se queira achegar á praia, goce do mar e da maxia do areal. Os horarios definitivos das probas publicaranse antes do sábado 22 de outubro no web da Federación Galega de Surf. Boas ondas!

SÁBADO

IX Xornadas micolóxicas de Lumieira

IX Xornadas micolóxicas de Lumieira

IX Xornadas micolóxicas de Lumieira. Saída: Fórum Carballo. 10.30 h. Estamos en tempo de setas, e a Asociación Cultural Lumieira organiza dúas xornadas de saídas micolóxicas. O coordinador da xornada é Manuel Pose Carracedo, que guiará aos participantes polos montes da contorna. O regreso está previsto para as 16.30 horas, cando se realizará a catalogación dos produtos recollidos e a valoración da xornada. A segunda xornada está prevista para o sábado 29 de outubro. Nese caso o coordinador será Tomás Rodríguez Novoa. Inscricións e máis info nos teléfonos 609 884 714 e 647 437 906. Tamén é posible obter máis información e anotarse no enderezo electrónico <a.c.lumieira@gmail.com>. Aos ricos cogumelos!

FIOT: "Sueño de una noche de verano" de Metatarso Producciones. Pazo da Cultura. 21.00 h. Mentres unha compañía de cómicos ensaia unha obra de teatro para celebrar as vodas de Hipólita e Teseo, dúas parellas de namorados pérdense nun bosque, non moi lonxe do Reino das Fadas, na busca do amor verdadeiro. Pero algo acontece, o amor está no aire e nada é o que parece, e o que parece non resulta ser certo. Enredando máis a trama, a noite de verán envolve de maxia e encantamentos amorosos todos os protagonistas desta divertida historia. Carmen Conesa, Emilio Gavira e Alejandro Sigüenza encabezan esta proposta de Darío Facal. Duración aproximada do espectáculo 110 minutos. Entrada 10 euros.

DOMINGO

Ron Lalá

Ron Lalá

Outono en marcha: Senda das Capelas. Saída Sede Senda Nova.8.15 h. Senda Nova volve a organizar un ano máis o programa de rutas Outono en Marcha que persegue potenciar o o noso patrimonio ambiental e cultural e dalo a coñecer a través dun programa de andainas. O domingo 23 de outubro é a quenda da ruta "Senda das Capelas". Transcorre polo Concello da Laracha, pola parroquia de Santa Margarida de Montemaior e percorre aproximadamente 16 quilómetros, cunha dificultade media. Neste caso, e por proximidade xeográfica, a saída dende o Concello da Laracha farase ás 8.30 e non ás 8.00 horas como é o habitual. Dende Carballo, dende a sede de Senda Nova na rúa Venezuela ás 8.15 horas. +info: 696 155 232 / <sendanova@hotmail.com>. Participación: 6 euros; 3 euros para socios/as.

FIOT: "Cervantina" de Ron Lalá. Pazo da Cultura. 21.00 hCervantina é unha nova aproximación de Ron Lalá ao universo creativo dun dos xenios indiscutibles da literatura universal, Cervantes. Unha festa de pezas breves que reúne as adaptacións “ronlaleiras” dalgunhas novelas exemplares e entremeses, ademais de fragmentos doutras pezas.Ron Lalá é outra das compañías máis aclamadas polo público do FIOT, á que acompañamos desde os seus inicios e que se converteu na revelación dos escenarios españois dos últimos anos. Despois do rotundo éxito internacional de En un lugar del Quijote, dan un paso máis na súa exploración do mundo literario cervantino a través das ferramentas da súa linguaxe escénica: o humor, a poesía, o ritmo desenfreado ou a música en directo. Duración aproximada do espectáculo 90 minutos. Entrada 15 euros.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica