Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O Xiria Pop aposta de novo pola calidade e a...

Compartir:

O Xiria Pop aposta de novo pola calidade e a orixinalidade na súa XIX edición

Grupos como Shaggy Dogs, Vic Godard, The Wellgreens ou The Allnighters copan o programa do festival: 23 e 24 de setembro na Sala Dublín

Xiria Pop

Mod, punk, pop e moito rock... o Xiria Pop volve con toda a súa oferta musical o venres 23 e o sábado 24 de setembro na Sala Dublín de Carballo. Un ano máis, a calidade musical, a orixinalidade e o bo facer fan do festival unha cita case en familia na que sempre quedan anécdotas, festa e moi bo rollo. Este ano, un dos principais atractivos é Vic Godard, un pioneiro do punk que agora exerce de carteiro e que de cando en cando decide ofrecer concertos para agasallar coa súa música a uns poucos afortunados. Tamén chegan desde Glasgow The Wellgreens co seu particular son "típico escocés", ou Octubre, de Caravaca de la Cruz, caracterizados porque van ser oito músicos enriba do escenario cuns toques de vento moi especiais. O venres complétase cos carballeses Aula 11, que quecen o festival a partir das 22.30 horas.

O sábado unha das sorpresas para pechar a noite serán os Shaggy Dogs, de París. Segundo explica Xabier Graña, artífice do festival que este ano cumpre 19 anos, "van montar unha festa tremenda". Iso sí, o farán con puntualidade, así que o sábado non vos atrasedes á hora de ir á Dublín porque os concertos comezarán ás 21.30 horas. Antes ca eles, abren a noite The Hellbuckers, unha combinación ineresante de soul e rock; seguen Brand New Sinclairs, de Baracaldo con estilo mod e voz feminina; e tamén están The Allnighters, de Vitoria, uns clásicos da escena mod, cun cantante moi recoñecido.

Entradas

As entradas, para un día custan 15€ e o bono para os dous días 25€. Coma sempre, prezo económico, un festival de calidade con grupos sorprendentes e sempre con moi bo rollo. Ademais, este ano hai o venres 23 de setembro un aperitivo, coa presentación do libro "Derribos Arias, licencia para aberrar" de Daniel Rego, ás 19.30 horas na Biblioteca Rego da Balsa.

Gañas de Xiria Pop? Se escoitades como Xabier Graña, principal artífice do festival, fala dos grupos, seguro que vos entran...

As claves dos grupos do venres en 3 minutos

As claves dos grupos do sábado en 2 minutos


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica