Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // Por parroquias // Vilela

Compartir:

Vilela

Igrexa de San Miguel de Vilela

Igrexa de San Miguel de Vilela

A parroquia de Vilela está situada ao norte do concello, no descenso cara a Baldaio, moi próxima xa á costa. As súas son terras fértiles e de clima suave, con fermosas vistas ao mar.

Atoparás dous vistosos miradoiros naturais á beira da igrexa parroquial e do seu castro. O templo, de estilo barroco, destaca pola súa sinxeleza. Ao redor da igrexa hai un núcleo de vivendas tradicionais e, nunha finca próxima, un antigo pombal de planta circular.

O castro, situado na parte alta da parroquia, destaca pola súa complexidade e polas fermosas vistas que nos ofrece do val.

Miradoiro interactivo

Miradoiro de Vilela

Miradoiro de Vilela

Na estrada que une Carballo e Caión tamén poderedes visitar un espectacular miradoiro que conta cunha mesa panorámica xusto fronte ao impresionante espazo natural de Razo-Baldaio. Dende alí pode verse toda a costa carballesa: Monte Neme, Razo, Malpica, o miradoiro e capela de Santa Irene, os baixos de Baldaio, o sistema dunar, a lagoa e praia de Baldaio, a marisma e as praias de Pedra do Sal, Arnela e Leira. 

Grazas á Axencia de Turismo de Galicia esta mesa panorámica agocha todos os segredos da costa carballesa que os visitantes poden coñecer mentres a teñen diante. Así, pode realizarse unha navegación dende o miradoiro ata o recurso que se desexe, compartir información, ver os recursos sobre un mapa, crear rutas... E todo iso en tres idiomas -galego, castelán e inglés- e dun xeito accesible.


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atlántica