Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

A Milagrosa acapara a actividade nos primeiros días de setembro, pero, como alternativa, tamén temos festa no barrio da Cristina!

VENRES

LaconNetwork

LaconNetwork no barrio da Milagrosa (rúa Cemiterio Vello). A partir das 14.30 h. Carballo acolle a última edición do verán da LaconNetwork, que reúne a máis de 100 profesionais e emprendedores galegos do sector das novas tecnoloxías. Ademais, contará cunha cita moi especial, o 20 Aniversario de Abertal Network, empresa TIC de referencia en Galicia que naceu en Carballo hai xa 20 anos. Aquí tendes o programa completo de actividades:

  • 14:30 h. Inauguración e pregón.
  • 14:45 h. Vermú
  • 15:00 h. Xantar no Campo da Festa.
  • 17:00 h. Consumicións na barra da comisión da Milagrosa. 
  • 18:00 h. Concertos no palco da festa con Dude e Versión Imposible. 
  • 23:00 h. Verbena a cargo do dúo Manu y Alber.

VENRES, SÁBADO E DOMINGO

Alfombras elaboradas en 2015

Alfombras elaboradas en 2015

Festas da Milagrosa. Esta fin de semana o barrio carballés da Milagrosa vive a súa festa grande con música, comida ou as tradicionais alfombras florais. Aquí vos deixamos polo miúdo todas as citas para que non perdades ningunha:

VENRES:

  • 18.00 h. Concerto con Versión imposible e Dude
  • 22.00 h. Procesión das antorchas
  • 23.00 h. Verbena co dúo Manu y Alber.
SÁBADO:
  • 10.00 h. Disparo de bombas de palenque.
  • 11.00 h. Pasarrúas co grupo de Gaitas da Milagrosa.
  • 18.00 h. Gran Sardiñada con pan e viño.
  • 18.30 h. Pasarrúas coa charanga Qué pasa.
  • 19.00 h. Misa na honra de San Ramón e confección das Alfombras florais polos veciños e veciñas do barrio.
  • 22.00 h. Verbena co grupo O tren da unha e cunha orquestra sorpresa.
DOMINGO:
  • Exposición das alfombras florais todo o día.
  • Misas ás 9.00 e ás 12.00 h. con procesión logo da misa e ao remate sesión vermú coa orquestra Santiago DC.
  • 18.00 h. Bailes rexionais coa Asociación Cultural Nemeth.
  • 18.30 h. Xogos populares para nenos e nenas.
  • 22.00 h. Fin de festa con verbena coa orquestra Santiago DC.

SÁBADO E DOMINGO

Aula 11 estarán na festa da Cristina

Aula 11 estarán na festa da Cristina

Festa do barrio da Cristina. Esta finde as festas en Carballo van por barrios. Ademais da Milagrosa, que acapara boa parte das citas, temos  a festa da Cristina que cumpren xa catro anos. Comeza a noite do sábado 3 con animados concertos co grupo carballés Aula 11 (22.30 h.) e con Carlos Bau (0.00 h.).

E segue o domingo 4 pola mañá con sesión vermú ás 13.00 h. con Carta de ajuste, un xantar popular (16€ para adultos/as e 6€ para nenos/as) e remata pola tarde a partir das 18.30 h. con inchables para os máis cativos e cativas e a actuación do Mago Álex a partir das 18.30 h.

EN CURSO

Unha obra de Ponte en cor

Unha obra de Ponte en cor

Ponte en cor. Barrio da Milagrosa. Por segundo ano consecutivo o barrio da Milagrosa transfórmase nunha orixinal galería de arte grazas a Ponte en Cor, unha proposta que une a hostaleiros, comerciantes e creadores e creadoras para promocionar o movemento artístico carballés. Veciños e veciñas e visitantes poderán ver unha mostra artística espallada nun total de 21 locais comerciais e hostaleiros por todo o barrio. A iniciativa estará aberta entre 5 de agosto e o 10 de setembro. +info, clicando aquí.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica