Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // Por parroquias // Sísamo

Compartir:

Sísamo

Igrexa de Santiago de Sísamo

Igrexa de Santiago de Sísamo

Extensión: 6,19 km²
Poboación: 861 habitantes

No camiño de Carballo a Malpica está Sísamo, parroquia limítrofe co núcleo urbano. É, hoxe por hoxe, unha das máis poboadas do municipio. Nela estivo radicada a sede do concello tempos atrás. Conta cun importante estabelecemento de turismo rural, no que se coñece como o Pazo do Souto.

O pazo do Souto ten orixe na segunda metade do século XVII. Por aquel entón, Juan Antonio Posse de Soto, ministro da Inquisición e catedrático de medicina, levantou casa na parroquia de Sísamo, que sería ampliada e transformada en pazo polos seus descendentes.

Pazo do Souto

Pazo do Souto

O pazo está construído na parte occidental dun antigo castro, do que se conservan parte dos muros defensivos, aínda que cubertos por vexetación.

A igrexa parroquial de Santiago de Sísamo é de liñas rectas e sinxelas. Nela combínase a simetría do neoclásico, presente na súa fachada, coas características do barroco, estilo ao que pertencen o seu altar maior e os altares laterais situados no último tramo da nave. Algúns historiadores consideran que a ábsida é románica e que se remonta ao século XIII.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica