Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Festas gastronómicas á beira do mar, verbenas para festexar a Asunción, arte, deporte e a nosa Galicia imaxinaria: na ponte de agosto en Carballo

VENRES

Uxía e Narf

Uxía e Narf

Inauguración da exposición No principio, de Cristina Castro. Galería Garabato. 21.00 h. No principio é o título da exposición individual da creadora carballesa Cristina Castro, que fala da orixe do universo a través de 14 historias orixinais, moi tolas e en crave de humor. A autora dá renda solta a súa imaxinación e en todas as pezas da mostra predomina o universo naif, xa que foron diseñadas dende un punto de vista moi infantil. "Unha exposición para voltar a ser un neniño e disfrutar das formas e das cores simples". A Galería Garabato está situada na Rúa Santa María, nº 3, Baixo. Entrada libre.

Concerto de Uxía e Narf. Praza do Concello. 22.30 h
. Uxía, unha das voces máis importantes da música en Galicia, e Narf, compositor e cantor cunha longa traxectoria musical, únense para crear o seu primeiro traballo discográfico conxunto:Baladas da Galiza Imaxinaria. Un disco que nace do talento e da sensibilidade destes dous grandes músicos que en cada balada deixan a alma e as ventás dos corazóns inquedos e emocionados. Tal como describe o músico Santiago Auserón, “Uxía e Narf converten ao ser galego en ámbito de alcance universal, do que nos invitan a facernos partícipes a través da sensibilidade musical máis próxima e refinada”. Entrada libre.

Surf Party en Razo. Artbar. A partir das 23.00h. Razo transfórmase en verán durante o día, con fantásticos días de sol, praia, surf e diversión; e tamén pola noite, con diferentes eventos, entre eles, as Surf Parties do Artbar os días  5, 11, 17, 23 e 29 de agosto. Vive a noite de verán da praia de Razo!

SÁBADO

Mexillonada

Mexillonada

XXI Mexillonada. Mirador de Castrillón en Santa Irene (Lema). A partir das 19.00h. A Mexillonada é unha das citas gastronómicas máis importantes que se celebran no Concello de Carballo e que esta ano cumpre a súa vixésimo primeira edición. Un día para gozar de todas as variantes culinarias dun produto moi prezado como é o mexillón. Esta festa rematará á noitiña cunha verbena coa orquestra Capricho. Repartiranse arredor de 1.200 kilos de mexillóns, máis de 300 empanadas, viño e queimada, todo coas espectaculares vistas do mirador de Santa Irene. Preguntar prezos da comida durante a mexillonada. Entrada libre.

Concertos en directo en Razo. Artbar. A partir das 23.00h. A diversión nas noites de Razo segue os sábados do mes de agosto cos concertos en directo que tamén ofrece o Artbar. Os días 13 e 20 de agosto o concerto corre a cargo de Abutarda. O sábado 20 a cita é con Miguelón y su guitarra, con versións de cancións de onte, de hoxe e de sempre.

DOMINGO

Volei Praia en Razo (Foto: Jorge Varela)

Volei Praia en Razo (Foto: Jorge Varela)

IX Torneo Foliada Concello de Carballo. Explanada de Razo. A partir das 11.00 h. O domingo 14 de agosto Razo acolle o IX Torneo Foliada Concello de Carballo de volei-praia, unha cita "familiar" e "divertida" na que a competición non é o máis importante, senón o feito de poder pasar unha xornada na praia na que xogar, comer e gozar de Razo en familia ou cos amigos e amigas. Os encontros comezan nas pistas situadas na Explanada a partir das 11.00 horas e continúan durante todo o día, cunha "paradiña" para comer e coa entrega de trofeos prevista para as 20.00 horas, aproximadamente.

VERBENAS DE VENRES A MARTES

Grupo Lembranzas de Bergantiños

Grupo Lembranzas de Bergantiños

Festas en Verdillo, Bértoa, Rus e Ardaña. As verbenas invaden as parroquias de Carballo durante o verán, e nomeadamente durante o mes de agosto. Estes días temos varias citas en distintos puntos do municipio! Se vos organizades podedes ir a todas!

  • San Lourenzo de Verdillo: o venres 12 é o último día de festa con sesión vermú con Palladium e verbena pola noite con Palladium e Grupo Bomba. 
  • Santa María de Bértoa. A parroquia carballesa está en festas do 14 ao 16 de xullo. O domingo comeza con misa solemne coa música de Lembranzas de Bergantiños e sesión vermú e verbena coa orquestra Ceniza; o luns ás 13.30 misa solemne cantada, tamén con Lembranzas de Bergantiños e sesión vermú e verbena pola noite con Caramelo; por último, o martes, a misa será á unha e, de novo, sesión vermú e verbena cunha gran orquestra.
  • Santa María de Rus. En Rús as festas son entre o 15 e o 17 de agosto. Todos os días alternando sesións vermú e verbenas coas orquestras Versalles, Alkar e Atenas.
  • Nosa señora de Ardaña. O luns 15 de agosto Ardaña tamén festexa á nosa señora con festa e verbena.

EN CURSO

Ponte en Cor

Unha obra de Ponte en cor

Ponte en cor. Barrio da Milagrosa. Por segundo ano consecutivo o barrio da Milagrosa transfórmase nunha orixinal galería de arte grazas a Ponte en Cor, unha proposta que une a hostaleiros, comerciantes e creadores e creadoras para promocionar o movemento artístico carballés. Veciños e veciñas e visitantes poderán ver unha mostra artística espallada nun total de 21 locais comerciais e hostaleiros por todo o barrio. A iniciativa estará aberta entre 5 de agosto e o 10 de setembro. +info, clicando aquí.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica