Axenda da finde
Música, moita música... pero tamén libros, praia, mar, sol ou maxia invaden Carballo con citas e máis citas no Xardín Municipal e na Praia de Razo!
XOVES, VENRES, SÁBADO E DOMINGO
Tira cómica de O Carrabouxo, pregoeiro da Praza dos Libros
Praza dos Libros. Xardín Municipal. De 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas. Carballo pon un ano máis o traxe das letras, mais tamén da música, dos contos, do lecer ou mesmo da gastronomía, para celebrar a duodécima edición da Praza dos Libros. O humorista gráfico O Carrabouxo, o cociñeiro Benigno Campos, a música de AldaoLado, os autores carballeses Xurxo Chapela e Rosalía Fernández Rial, o ex xogador de fútbol Donato... estes e outros nomes estarán nas casetas do Xardín Municipal para contar e vivir connosco as súas historias, xa veñan en forma de tira animada, poesía, biografía ou mesmo cancións. A cita conta coas casetas das librarías Teldy, Brañas Verdes, Trasgo, Roget, Ler, A lus do candil e Couceiro. +info, aquí. Entrada libre e un 10% de desconto en todos os libros.
VENRES
Mago Xacobe
Verán Cultural co Mago Xacobe. Feitizos e Abraios. Praza do Concello. 22.30 h. Queres divertirte mentres te sorprenden con incribles trucos de maxia? O Mago Xacobe regresa ao escenario carballés co espectáculo Feitizos e Abraios, un show familiar no que poderán gozar de xogos sorprendentes, moi cómicos e no que o público participará tamén nas grandes ilusións que farán a delicia dos presentes. Este mago santiagués conta cunha dilatada experiencia como profesional de ilusionismo e como produtor de festivais e espectáculos, e as súas propostas fan que o público de todas as idades sexan os protagonistas en todo momento. Entrada libre.
SÁBADO
Festival Sereas e Piratas. Praia de Razo. Todo o día con concertos dende as 14.00 h. O Festival Sereas e Piratas, volve a ser protagonista do verán carballés o e o fai cun dos mellores carteis dos últimos anos. Os británicos The Wave Pictures son os cabeza de cartel deste ano, ofrecendo en Razo o único concerto deste verán en España. Tamén están Sr. Chinarro, Pablo und Destruktion, Juventud juché ou Músculo! na carpa pola noite a partir das 22.00 h.; e Aries, Night Boys ou Bifannah no festival de día a partir das 14.00 h. Clicando aquí tendes toda a info!. Acceso libre para o festival de día. Entrada anticipada 15€ (20€ en taquilla) para o festival de noite.
EN CURSO
A mostra pode visitarse até o 31 de xullo
Exposición Mare Mágnum. Pazo da Cultura. De 17.30 a 20.30 h. Un ano máis, os creadores e creadoras da Asociación Crea Formas Artísticas ofrecen o mellor do seu traballo no Pazo da Cultura. As obras serven para reflectir 23 olladas moi diferentes sobre o mar, "Mare Mágnum cheo de vida", "mar bravo e mar en calma", "mar de liberdade", "mar de vida" e "mar de norte, loito e morriña das que nel se perden". Na mostra poderedes observar creacións de disciplinas e modalidades artísticas moi diversas, con ampla maioría de pintura, pero tamén con escultura, instalacións ou mesmo fotografía. Desta volta, os autores e autoras da Asociación Crea Formas e artistas convidados que participan na mostra son: Adriana Díaz, Antonio Taracido, Carmen Rojo Varela, Cristina Castro, Chiña, Emi de las Heras, Esther Chamoso, Eva Facal, Isa Fernández, Javier Rodríguez, Lola Oviedo, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, Nolo Suárez, Paco Souto, Peter Kramer, Peter Schneider, Risé, Santi Picos e Teresa Candal. Entrada libre.