Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Este verán, coñece mellor Carballo coas nosas...

Compartir:

Este verán, coñece mellor Carballo coas nosas visitas guiadas!

Pola costa, polos murais de Derrubando Muros con pintura e do Rexenera Fest, polo noso Museo de Bergantiños... Chama ao 981 702 077 e infórmate

Mural de Case Maclaim no Rexenera Fest 2016

Mural de Case Maclaim no Rexenera Fest 2016

Tes gañas de saber máis cousas sobre os murais de Derrubando Muros con pintura e do Rexenera Fest? Apetéceche facer un percorrido por eles? Ou ao mellor prefires facer un roteiro pola costa do munipio e coñecer todas as furnas, calas e segredos que agocha o litoral de Baldaio e Razo. Ou quizais estás de visita este verán e apetéceche saber algo máis do pobo, da súa historia ou dos seus costumes e tamén dos da nosa comarca no noso Museo de Bergantiños...

Tamén podedes concertar a visita e obter máis información no enderezo museo@carballo.gal

Pois xa podedes optar a realizar unha visita guiada na que coñecer toda a información e percorrer os lugares de interese de Carballo de forma gratuita. Só tendes que xuntar un grupo de cinco ou máis persoas, chamar ao 981 702 077 e obter toda a información para poder realizar os percorridos. Tamén podedes informarvos no enderezo electrónico <museo@carballo.gal>.

Arte urbana, mar e lecer...

Praia de Razo

Praia de Razo

Os murais de Derrubando muros... e do Rexenera Fest están espallados por toda a capital municipal carballesa. Numerosos artistas internacionais e locais teñen deixado a súa pegada por moitos dos recunchos da localidade, con motivos que van dende o amor, as alegorías, a igualdade entre homes e mulleres, a guerra e a paz ou as ansias de superación; con imaxes que reflicten a natureza, seres mitolóxicos ou o noso día a día.

A nosa costa, mar aberto ao Atlántico, unha fiestra sobre o océano na que facer surf ou voleibol, na que pasear ou descansar, que nos ofrece o noso marisco, pero que tamén agocha a nosa flora e fauna autóctonas.

E finalmente a nosa Oficina de Información Turística, Museo de Bergantiños, situado no centro da vila para aqueles viaxeiros que queiran saber máis sobre a historia de Carballo, unha vila que naceu arredor dun balneario pero que ten evolucionado e cambiado dende o seu nacemento, ao igual que toda a comarca de Bergantiños.

Todo está ao voso dispor a tan só unha chamada ou un mail de distancia! Vinde a Carballo e gozade do verán con nós!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica