Apetece deporte de verán? Apúntate ao volei-praia en Razo!
Todas as tardes podedes pasalo xenial nas redes da Explanada do areal, con monitores para todas as idades e de balde
Podedes xogar nas redes de balde todos os días de 16.00 a 20.00 h.
Coma cada verán o volei-praia encherá a praia de Razo de diversión e deporte durante os meses de xullo e agosto co Volei-praia Razo 2016. Esta iniciativa, que xa é todo un clásico no areal carballés, pon a disposición de todos os visitantes redes para xogar todos os días dende as 16.00 ata as 20 horas. Ademáis de luns a venres de 17.00 a 18.00 horas terán lugar as Pequescolas e as Escolas de voleipraia onde os mais pequenos gozarán cos diferentes xogos propostos, e os mais maiores poden perfeccionar ou iniciarse no mundo do voleipraia da man dos monitores da Asociación Deportivo Cultural Voleipraia Costa da Morte.
Todas as actividades son de balde e teñen lugar de 16.00 a 20.00 horas
Todas as actividades son gratuitas: pasádevos por Razo e preguntádelle aos monitores tanto se queredes iniciarvos, xogar uns partidos ou queredes consello para mellorar nas vosas competicións. Estamos á vosa disposición!
Torneo-foliada o 14 de agosto
E como non, non podía faltar a cita ineludible do Torneo Foliada Concello de Carballo, que neste ano 2016 chega a súa novena edición. O 14 de Agosto é a data sinalada desta gran festa do volei-praia, na que xogadores de toda Galicia reúnense para desfrutar deste espectacular deporte, e pasar un día cheo de sorpresas, xogos ou comida na espectacular praia de Razo.
Así que xa sabedes, dende hoxe,deixade a toalla e vivide en primeira persoa a paixón, a beleza e o espectáculo do volei-praia, o punto de encontro no que coñecer xente, divertirse e poñerse en forma nunha contorna natural privilexiada. En definitiva tardes de moito volei, sol e area!