Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Volven a ruxir os motores no Circuíto de Bértoa...

Compartir:

Volven a ruxir os motores no Circuíto de Bértoa co Campionato de España de Autocross

Será entre o venres 1 e o domingo 3 de xullo coa presenza dos mellores pilotos e con premios en metálico que animarán a competición

Campionato de España de Autocross

Carballo acolle por oitava vez consecutiva o Campionato de España de Autocross. Os motores volven a ruxir no Circuíto Municipal de Bértoa o venres 1, o sábado 2 e o domingo 3 de xullo coa presenza dos mellores pilotos españois da especialidade, aos que podería unirse algún piloto portugués, animado pola inclusión no campionato dunha proba realizada no país veciño, xunto cun importante número de pilotos habituais do Campionato Galego, que buscan nesta proba lograr levantarse ao alto da clasificación.

Esta tempada, ademais, a proba conta cunha novidade, que é que as carreiras contarán cun sistema de premios en metálico para os seis primeiros participantes clasificados en cada categoría, o que animará sen dúbida a participación e o espectáculo na pista. O público non pode perder esta cita na que, máis ca nunca, os participantes tentarán subir ao máis alto do caixón.

Monoprazas para autocross

Como en edicións anteriores, será nesta carreira onde os afeccionados e afeccionadas poderán gozar por primeira vez este ano en Galicia dos espectaculares monoplazas deseñados especificamente para autocross que compiten na División III, ou os impresionantes superturismos da División I. Os días 25 e 26 de xuño o espectáculo xa comezou en Bértoa cos primeiros adestramentos libres. Podedes mirar as fotos (realizadas por Escudería La Coruña) máis abaixo nesta mesma nova.

Se non queredes perder ningún detalle da cita, podedes consultar todas as novidades, incluído o regulamento, os horarios ou os pilotos inscritos en <www.escuderiacoruna.com>


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica