Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Mar bravo, mar en calma, mar de liberdade e de...

Compartir:

Mar bravo, mar en calma, mar de liberdade e de traballo: na exposición Mare Mágnum

Podedes visitala até o 31 de xullo no terceiro andar do Pazo da Cultura e gozar coa obra de 23 creadores e creadoras

Foto de familia no acto de inauguración

Foto de familia no acto de inauguración

Cos sons de Chicharrón e cos versos e verbas de Milagros Cotelo, Risé e Paco Souto arrincou a exposición Mare Mágnum, a mostra colectiva que todos os anos marca o comezo do programa do San Xoán e que estará entre o 10 de xuño e o 31 de xullo no Pazo da Cultura. As obras serven para reflectir 23 olladas sobre o mar, "Mare Mágnum cheo de vida", "Mar bravo e mar en calma". As de creadores e creadoras vinculados a Carballo baixo o paraugas da Asociación Crea Formas, con traxectorias e modalidades artísticas moi diversas.

Todos eles manteñen relacións profesionais e persoais, en moitos caso de amizade, que iniciaron unha colaboración máis estreita a raíz dunha exposición colectiva que tivo lugar xa no San Xoán de 2008. Dende entón, únense para realizar esta exposición anual de temática conxunta, desta volta, o mar.

No acto de apertura, que estivo ateigado coa presenza dos artistas responsables dos traballos, pero tamén con personas relacionadas co mundo artístico, cultural e asociativo de Carballo, coa Comisión de Festas de San Xoán e co goberno municipal, ademais de gozar coas notas de Chicharrón, que tiveron verbas para o desparecido Alberto Gende -que lle da nome á sala de exposicións- tamén escoitamos verbas sobre o mar. "O mar é sal que percorre as túas veas e corroe o teu ser"; "o mar é traballo", "o mar é liberdade", "o mar é vida", "o mar é norte", "o mar é todo", di Risé. E para vivilo, só tendes que achegarvos á mostra.

23 creadores e creadoras

Desta volta, os autores e autoras que participan na mostra son: Adriana Díaz, Antonio Taracido, Carmen Rojo Varela, Cristina Castro, Chiña, Emi de las Heras, Esther Chamoso, Eva Facal, Isa Fernández, Javier Rodríguez, Lola Oviedo, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, Nolo Suárez, Paco Souto, Peter Kramer, Peter Schneider, Risé, Santi Picos e Teresa Candal.

O horario de visita; de luns a domingo de 17.00 a 20.30 horas na Sala de exposicións Alberto Gende do 3º andar do Pazo da Cultura.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica