Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Os máis renomeados expertos do fútbol español...

Compartir:

Os máis renomeados expertos do fútbol español visitan Carballo

Entre o 3 e o 5 de xuño no I Congreso de Fútbol Concello de Carballo con adestradores do Barcelona, o Villareal, o Deportivo ou o Atlético de Madrid

I Congreso de Fútbol Concello de Carballo

Carballo converterase na capital do fútbol español e galego a primeira fin de semana de xuño. Os máis renomeados expertos do deporte rei estarán no I Congreso de Fútbol Concello de Carballo, unha cita que persegue a formación e reciclaxe dos adestradores de toda Galicia. De feito, técnicos como Sergio Barjuan -ex adestrador dos xuvenís do FC Barcelona- ou José Francisco Molina -ex adestrador do Villareal-, ademais de nomes como Francisco Sánchez- analista táctico do Atlético de Madrid, entre outros moitos, achegarán á Costa da Morte coñecementos do primeiro nivel os días 3, 4 e 5 de xuño.

A cita está apadriñada polo Presidente do Deportivo da Coruña, Tino Fernández, que quixo arroupar a cita durante a súa presentación o pasado mes de maio; e tamén está previsto que durante o acto de inauguración, que se celebrará o venres 3 de xuño ás 19.00 horas no Pazo da Cultura de Carballo, estean presentes personalidades de todo o fútbol español, como Vicente Miera, ex seleccionador nacional e campión olímpico, como representante do Comité de Adestradores RFEF.

Programa completo de actividades

VENRES 3 DE XUÑO:

  • 19.30 h. Amalia RevueltaPsicóloga Deportiva especialista en fútbol. Competir con Cerebro. Intelixencia-Habilidade-Coñecemento.
  • 20.45 h. Sergi Barjuan. Adestrador Nacional de Fútbol RFEF. Ex adestrador do FC Barcelona Xuvenil, Recreativo de Huelva, AD Almería. A metodoloxía do ataque en fútbol.

Ata doce relatorios terán lugar no Pazo da Cultura para abordar todo tipo de cuestións técnicas relacionadas co fútbol

SÁBADO 4 DE XUÑO:

  • 10.00 h. Raúl Ruíz. Adestrador Nacional de Fútbol RFEF. 2º Adestrador do Dinamo Kiev (Ucrania). Desenvolvemento e cambios na planificación de traballo do Dinamo Kiev.
  • 11.45 h. Víctor ParedesPreparador Físico Rayo Vallecano. Proposta teórico-práctica de Preparación Física en campo como método preventivo de lesións.
  • 13.00 h. José Francisco Molina. Adestrador de Fútbol RFEF. Ex adestrador KITCHEE SC (Hong Kong) Villarreal CF (España). Transición Ataque-Defensa. Presión tras pérdida, Reorganización.
  • 16.30 h. Albert Roca. Ex Seleccionador Nacional de El Salvador. Fútbol Contextualizado. Experiencias na Selección Nacional de El Salvador.
  • 17:45 h. Juanjo Vila. Adestrador UEFA PRO e Director de Fútbol Táctico. Factores determinantes da defensa en futbol. Orientación defensiva, Defensa de parede e Vixilancias defensivas ofensivas.
  • 19:15 h. Manuel Sotelo. Adestrador Nacional de Fútbol RFEF. Adestrador de porteiros do Real Club Deportivo de A Coruña.
  • 20:30 h. Paulo Jorge dos Santos Noga. Coordinador Executivo de Formación do FC Oporto. O adestramento en proceso de formación.

DOMINGO 5 DE XUÑO

  • 10.00 h. Francisco Sánchez. Adestrador de Fútbol RFEF e Analista táctico no Atlético de Madrid. Análisis táctico en futbol. Que esconde o teu  rival?
  • 11.45 h. Antonio Cortes Ines. Director Deportivo da Academia de Fútbol de Angola (AFA). Estratexias de adestramento táctico de futbol 7 con futbolistas africanos.
  • 13.00 h. Carlos Inarejos. Adestrador Nacional Fútbol RFEF - Autor dos libros: O adestramento en especificidade e Periodización Táctica: da visión da realidade cara unha visión prácticaCómo aplicar a Periodización Táctica na práctica?


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica