Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo Compromiso Calidade

Compartir:

Carballo Compromiso Calidade

C3: Selo de Calidade Turística

Carballo xa conta co seu propio selo de calidade turística: a marca Carballo Compromiso Calidade, ou C3, polas tres "ces" que avalan a creación dunha rede de establecementos hostaleiros que destaca pola súa calidade nos servizos turísticos, polas súas melloras nas pautas de atención ao cliente ou por contribuír a mellorar a percepción de Carballo como destino turístico de calidade. 20 empresas do sector hostaleiro do municipio xa presumen deste selo.

Pasa e mira neste vídeo o que Carballo ten que ofrecer!


Compromiso permanente

Selo distintivo

Selo distintivo

O concepto de Calidade ten hoxe en día un significado moi extenso e recoñécese como aplicable a todo tipo de actividade ou sector. No caso do turismo, require do seu tratamento dende a base debido á gran variedade e complexidade das interaccións que se producen entre todos aqueles actores que compoñen a oferta, tanto no ámbito público ou privado, como entre os seus destinatarios, os turistas. O conxunto desas interaccións son as que conforman a percepción global dun destino turístico.

Carballo únese a este concepto promovendo, dende o seu Concello, un proxecto de creación dunha Rede de establecementos con compromiso de mellora permanente e actitude proactiva co obxectivo de dinamizar o destino como turístico- responsable e de calidade nos servizos turísticos e na atención aos clientes. A filosofía deste proxecto implica a busca constante de superación de expectativas e as melloras no destino.

Un proxecto vivo

Unha iniciativa en evolución constante á que se poden ir sumando novos establecementos

Para levalo a cabo a metodoloxía de traballo pon a disposición dos participantes, que se unen de forma voluntaria, ferramentas de axuda (Manuais de Boas Prácticas para aloxamentos, restaurantes e empresas de turismo activo, nesta primeira edición) nas que se reflicten requisitos obrigatorios e recomendados que atenden a cuestións como: o espazo físico dos establecementos, atención ao persoal, medidas medioambientais ou satisfacción do cliente.

Carballo Compromiso Calidade é un proxecto vivo, que evoluciona para asegurar o cumprimento dos estándares de calidade das empresas que xa teñen participado mediante revisións periódicas así como para incorporar novos establecementos á Rede, inclusive novos sectores que teñen relevancia na experiencia dos turistas no destino turístico Carballo.

Obxectivos

Os obxectivos de Carballo Compromiso Calidadeson:

  • Fomentar a mellora da calidade na prestación dos servizos dos subsectores implicados.
  • Aumentar a conciencia de destino turístico entre os prestadores de servizos.
  • Recoñecer aos participantes e distinguilos polo seu esforzo e actitude.
  • Apoiar a participación dende o sector público.
  • Contribuír a que o turista viva unha experiencia de calidade ofrecendo un servizo excelente en cada unha das interaccións demandadas durante o seu itinerario turístico no destino.

Vinte empresas turísticas

Foto de familia das 20 empresas implicadas até o de agora

Foto de familia das 20 empresas implicadas até o de agora

Na actualidade, o modelo implementado na Rede de Establecementos do Selo de Calidade de Carballo reúne a 20 empresas turísticas nas que se inclúen aloxamentos, restaurantes e empresas de turismo activo, as cales tomaron a decisión de participar e aplicar este sistema de xestión e aseguramento da calidade promovido dende o Concello.

Os resultados desta primeira aposta pola Calidade son moi positivos e dende o Concello agardamos constitúa o xerme para seguir traballando man a man entidades públicas e privadas no desenvolvemento da mellora e evolución da Calidade de Carballo como destino turístico.

Únete a Carballo Compromiso Calidade!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica