Volve Carballo por etapas! Estades listos para chupar os dedos?
Con saborosas tapas en 21 locais de hostalería a fin de semana do 27, 28 e 29 de maio, e do 3, 4 e 5 de xuño
As tapas poderán mercarse a 1,5 €
Un total de 21 locais de hostalería do casco urbano participan este ano en Carballo por Etapas, a cita gastronómica que cada ano ofrece o mellor da cociña carballesa en forma de deliciosas tapas. Os establecementos que decidiron subir este ano ao tren da popular ruta son A Barra Bar, A Cervecería de Luis, Cafés A Cafeteira, Cafetería Abastos, Café Bar Embajador, Café Bar Ginebra, Cafetería Habanos 79, Cafetería Xorima, Cervecería Ágora, Cervecería Beos, Cervecería Dublín, Cervecería La Bombonera, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Oasis Restaurante-Vinoteca, Restaurante El Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna O Mexillón, Tapería Aturuxo e Trattoria Pizzería Vesuvio. A maioría repiten, pero tamén hai algunhas incorporacións.
A ruta, organizada polo Concello e Axober, celebrarase os días 27, 28 e 29 de maio, e 3, 4 e 5 de xuño, cun formato similar ao das edicións anteriores. Os locais participantes elaborarán tapas específicas para o evento que servirán os venres de 20.00 a 22.00 horas e os sábados e domingos en horario de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas. O prezo da tapa será de 1,50 €, e con cada unha entregarase un rasca co que poden conseguirse numerosos premios directos.
Carballo por Etapas manten os seus distintivos, como o tren turístico, que fará a ruta polos locais participantes, ou os sorteos de tapas, gorras, camisetas e outro material promocional.
Estades listos para chupar os dedos?