Carballo a un paso

Inicio // Que facer // De compras // O “mercadiño”

Compartir:

O “mercadiño”

Máis de 170 postos, con produtos do máis variado, conforman un dos mercadiños máis grandes de toda a contorna

Se buscas roupa, calzado ou complementos a bo prezo podes completar o teu domingo de feira no amplo “mercadiño” que se monta no barrio da Milagrosa.

Posto de venda no mercadiño

Posto de venda no mercadiño

O “mercadiño” está situado no cruce de camiños entre Compostela e Fisterra, e moi preto das modernas instalacións do Fórum. É o máis grande da contorna. Ao redor de 170 postos de venda toman as rúas deste barrio da vila nos días de feira.

Alí atoparás de todo, e a bo prezo, nunha longa e variada sucesión de postos. Poderás comprar calzado, roupa, complementos, lencería, prendas de segunda man, bolsos, cousas para o fogar… Incluso até maquinaria agrícola.

Mira, compara e, se tes habilidade, regatea. A compra no mercadiño é toda unha arte: a do tira e afrouxa entre quen compra e quen vende. É este un gran escaparate no que todo está a vista. E un dos seus grandes encantos é poder mirar, buscar e rebuscar até atopar o que queres.

Os días de feira non serían o mesmo sen estes postos ambulantes. Moitos deles comezan a ser montados mesmo aínda cando o día non abriu. Ás nove da mañá, practicamente todos eles están abertos ao público, e así seguen até as dúas da tarde. Entre as dez e a unha é cando atoparás maior afluencia de clientela: xente da vila e das aldeas e poboacións próximas que acoden aquí a completar o seu día de compras.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica