Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Xa dispoñible o almanaque de Carballo 2016:...

Compartir:

Xa dispoñible o almanaque de Carballo 2016: derrubamos meses con pintura!

Podedes recoller o calendario de balde no Museo de Bergantiños de martes a sábado e domingos de feira no horario habitual

Almanaque 2016

Se aínda non tendes un calendario de 2016, nós poñemos á vosa disposición o almanaque do Concello. De balde! Ao igual que o ano pasado, cada mes recolle algún dos murais de "Derrubando muros con pintura" baixo a visión de Roberto Rey e o deseño gráfico de Distrito Xermar, que realizou algunhas orixinais composicións para "deconstruir" as obras que adornan as nosas paredes. Desta volta inclúense moitas das que non aparecían no 2015, como por exemplo os espectaculares traballos do festival Rexenera Fest. Ademais das fermosas imaxes, cada mes realiza unha pequena chiscadela á época do ano correspondente, con neve, bufandas, flores, xeados ou mesmo un corazón para febreiro, o mes dos namorados. Tamén están sinalados os festivos, incluídos os locais.

Mural a mural: mes a mes

Bordalo II

A listaxe dos autores que aparecen e as localizacións -por orde de mes, de xaneiro a decembro- son as seguintes: Fórum Carballo, rúa Xílgaro, Aryz; rúa Fomento, Nómada; Fórum Carballo, rúa Luís Braille, Bordalo II; rúa Gran Vía, Pixel Pancho; rúa Xílgaro, Dulk; Piscina Municipal, rúa Carballo Calero, Lola Oviedo; Piscina Municipal, rúa Vila de Noia, Alejandra Martínez; CEIP Fogar, rúa Vila de Noia, Laura Tova; CEIP Bergantiños, rúa Carballo Calero, Rachelle Cavallo; CEIP Xesús San Luís Romero, rúa Fotógrafo Xosé Vidal, Cristina Castro; IES Alfredo Brañas, avenida de Bergantiños, Emi de las Heras; rúa Vila de Negreira, O'Mighelo.

E que tendes que facer para conseguilo? Achegarvos ao Museo de Bergantiños no seu horario habitual: pola mañá, de martes a sábado de 12.00 a 14.00 horas e os domingos de feira de 11.00 a 14.00 horas; pola tarde, de martes a venres de 18.00 a 20.00 horas; luns pechado. Máis información no propio Museo situado na rúa Martín Herrera nº 8, no teléfono do Museo, o 981 702 077, ou en <museo@carballo.org>.

Derrubade meses con pintura en Carballo!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica