Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Este Nadal as compras en Carballo teñen premio...

Compartir:

Este Nadal as compras en Carballo teñen premio con SemecachaDEScóntovos

Tarxetas ilustradas, descontos dun 10% ou dun 15%, chapas, bolsas, camisetas… son só algúns dos premios que podedes gañar no comercio local

Este Nadal as vosas compras en Carballo teñen premio coa campaña SemecachaDEScóntovos! Tendes que buscar nas tendas ao noso ratiño, e naqueles establecementos nos que o atopedes, por compras superiores a 30€ xa tendes un agasallo directo! Recibiredes unha tarxeta ilustrada da artista carballesa Laura Tova que podedes coleccionar. Hai sete diferentes e en cada unha delas o noso ratiño –ou ratiña, segundo vos pareza mellor– fai algo diferente, desde mercar, a pescar ou mirar as estrelas. Con elas podedes construír a vosa propia historia.

E por se isto fose pouco, no reverso a tarxeta ten un rasca co que poderedes “cachar” un premio directo aínda maior: vales desconto dun 15 por cento ou dun 10 por cento nas tendas da promoción, ademais de outros agasallos ilustrados por Laura Tova: chapas, cadernos, bolsas e camisetas. A campaña, ademais, conta coa súa propia filosofía, ideada polo sociólogo Santi Pazos, para unir comercio, cultura, arte e diversión nas rúas de Carballo e defender a marca de prestixio, calidade e bo facer da vila.

Concurso en Facebook

Tarxeta de Laura Tova

Unha das simpáticas tarxetas de Laura Tova que podedes gañar

Ademais, para que aínda teñades máis oportunidades de gañar, vai haber un Concurso de fotografía nas redes sociais do Concello. Para participar, só tendes que realizar unha foto nun dos comercios participantes na campaña de promoción e logo subila ás redes co hashtag #semecachaDEScóntovos. Cada foto acompañarase dunha pequeña descrición do lugar e momento en que foi sacada a fotografía. O autor ou autora da imaxe que reciba máis “gústame” gañara un lote de produtos de Laura Tova e un vale do 50 por cento de desconto para a próxima compra no comercio no que se realizou a foto premiada na campaña (poderase utilizar até o 31 de marzo e por un máximo de 200 euros de desconto).

E cando podedes comezar a buscar os ratos? Pois a partir do venres 18 de decembro e até o 5 de xaneiro. E estade atentos, porque aínda agochamos máis sorpresas, como unha xornada na que as tendas abrirán até as 23.00 horas o 2 de xaneiro e moitas cousas máis. En Carballo, este Nadal, SemecachaDEScóntovos!

Aquí tendes as 42 tendas que participan

Un total de 42 establecementos participan na campaña do comercio local. Buscade ao noso ratiño!

Aquí vos deixamos a listaxe dos 42 establecementos que participan na campaña, que son os sequintes: Adamela, A Fragua de Mo, Akira, Alesi, Alonso Moda, Amai-Store, Amar Moda, Atelier, Ave Paraïso, Bambalinas, Bambola, Barreiro O Zapateiro, Bells, Bema, Box, Calzados Lolita Anido, Carapuchiños, Centro de Masaxes Luisa Rabuñal, D&A Complementos, Don Camilo, Emiliano, Esprit Carballo, Fontanería Arán, Gervasio, Hadas y Piratas Moda Infantil, Hiperpapelería Carlin Carballo, Infinity Carballo, Interfilm, Joyería Calvelo Seoane, Mar de Encuentros, Mercería Vainica, Miriñaque, Modas Eva, O Armario de Pati, O Recuncho Ecolóxico, POPPY, Tasmania, Teirón Surf, Todo Lar (A Milagrosa), Vileco-Mix, Zapatería Esther, Zocas.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica