Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // Por parroquias // Oza

Compartir:

Oza

Igrexa parroquial de San Breixo

Igrexa parroquial de San Breixo

Extensión: 11,9 km²
Poboación: 661 habitantes

No camiño de Carballo a Razo, na chaira que encontrarás xusto antes de iniciar a baixada cara ao litoral, está a parroquia de Oza. O seu patrimonio remóntanos á época castrexa, ás loitas irmandiñas e, xa en décadas máis recentes, á explotación do volframio para o bando alemán na II Guerra Mundial.

No lugar de As Torres están os restos do que foi unha antiga fortaleza, destruída na revolta irmandiña aló na baixa Idade Media e logo reconstruída como casa soarega. Hoxe en día apenas quedan dela parte dos muros da capela. No lugar das Torres tamén atoparás a cruz de San Breixo.

A Igrexa parroquial, barroca, está dedicada a San Breixo. Na fachada atoparás a imaxe do santo, un mozo ataviado cunha casaca, de aí que sexa tamén coñecido como "o santo da casaca". O templo conta cun vistoso retablo maior, tamén barroco, profuso en decoración.

Moi preto da igrexa podes ver un dos poucos petos de ánimas do concello. Os petos de ánimas van unidos á crenza no purgatorio. No seu momento foron construídos para redimir as almas das persoas defuntas.

Iglesia parroquial de San Breixo

Iglesia parroquial de San Breixo

Dende Oza podes iniciar a subida cara ao Monte Nome, o punto máis alto da comarca de Bergantiños, con excelentes vistas ao mar e aos concellos de Malpica e Carballo. Na ladeira oriental do monte encóntrase o castro do Rodo, rodeado por un terraplén defensivo e protexido por un foxo na súa cara oeste.

No monte atoparás as pegadas da explotación do volframio décadas atrás, e da extracción de area en tempos máis recentes. Repara nas entradas á mina e nas curiosas lagoas color esmeralda, froito da extracción mineira.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica