Axenda da finde
Circo, festa, verbeneo e moita música na fin de semana culminante do verán e das festas patronais, en Carballo e a un paso, co Festival V de Valarés en Ponteceso.
VENRES
Circo Chosco. Praza do Concello. 20.00h. Con poucas palabras e moitas loucuras, veremos sobre escea a estes dous personaxes, interpretados por Ariñe Azkue e Óscar Páez, que mesturan circo e comedia, éxitos e fracasos, sorrisos e bágoas.
Prosegue a programación do Verán Cultural carballés cun espectáculo para todos os públicos.
TODA A FINDE
De verbeneo. Chegamos ao momento cume do verán e, tamén do verbeneo, o 15 de agosto, o día forte das celebracións patronais. No concello de Carballo, serán festas en Ardaña, en Rus e en Bértoa. As festas de Santa María de Rus contarán, o sábado, coa orquestra Podium e a discoteca móbil, CDC; o domingo, con Fénix e o luns, con Versalles. En Bértoa, o sábado actuará a orquestra Samba; o sábado, Trole, e o luns, Trébol. Ao mediodía tamén poderemos escoitar á formación de música tradicional da zona, Lembranzas de Bergantiños.
Festival Con V de Valarés. A un paso de Carballo, en Ponteceso, terás o Festival Con V de Valarés. Contará con artistas como Kiko Veneno, o venres, ou Kepa Junquera, o domingo. O venres actuarán, ademais, a banda carballesa Apart, Madmartin Trío e mais Sandrita Dinamita. O sábado achegaranse á praia de Valarés Perlita, Helena Goch, Julio de la Rosa e Sergio Tannus. O domingo, Kepa Junquera estará acompañado de Pony Bravo, Carlos Sadness, Little Barrie, Eli Paperboy Reed, Juan Torrado, Niña Coyote eta Chico Tornado.