Carballo a un paso

Inicio // Artigos // A axenda da finde

Compartir:

A axenda da finde

Esta finde teremos a algunha das mellores canteiras do Estado no Torneo Fútbol 8 organizado polas Escolas Luis Calvo Sanz. Ademais, exposición d@s artistas locais e máis actividades que aquí descubrirás.

VENRES

Exposición Tricomonías. Inauguración. Pazo da Cultura. 21.30h. A unión fai a forza e @s artistas plásticos de Carballo sábeno mellor ca ninguén. Todos os anos, polo San Xoán, as nosas festas grandes, organizan unha exposición colectiva para amosarnos o seu traballo. A inauguración, este venres. Até o 30 de xullo no terceiro andar do Pazo da Cultura.

SÁBADO

Da Praza ao Prato. Praza de Abastos. 10.30h. A actividade,dirixida a nenas e nenos de 5 a 12 anos, inclúe un percorrido pola Praza de Abastos, para saber máis dos peixes alí á venda e das nosas tradicións mariñeiras, e un obradoiro de cociña.

A actividade está organizada polo GAC Costa da Morte. Inscricións até o venres ás tres da tarde no 981707378 e en info.gac3@accioncosteira.es. Máis info aquí.

DOMINGO

Feira. Pola mañá. Praza do Concello e Barrio da Milagrosa. É segundo domingo de mes e, en Carballo, toca feira. Na Praza do Concello atoparedes todo tipo de produtos agrícolas cultivados polas labregas e os labregos da comarca. No barrio da Milagrosa, un dos máis amplos mercadiños da contorna, con postos de téxtil, calzado, bisutería e moito máis. Como é habitual os domingos de feira, as numerosas tendas que conforman o comercio local permanecerán abertas, ao igual que a Praza de Abastos.

TODA A FINDE

Curso de fotografía paisaxística. Pazo da Cultura. A asociación ambiental Senda Nova organiza esta fin de semana un curso de fotografía paisaxística a cargo de Patricia Mosquera.

Impartirase en horario de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.30h o sábado, e de 9.30 a 14.00h. o domingo. O prezo, 12 euros (10 euros, se eres soci@). Inscricións en sendanova@hotmail.com e chamando ao 636326083. Prazas limitadas.

Torneo alevín de fútbol 8. Campo das Eiroas. O torneo alevín de fútbol 8 Concello d Carballo José Luis Vara Olveira reúne nesta ocasión a algunha das mellores canteiras do estado. Entre as participantes, estarán  o Atlético de Madrid, o Real Valladolid, o Sporting de Xixón, o Celta e o Deportivo. Organizado polas Escolas Deportivas Luis Calvo Sanz coa colaboración do Concello de Carballo e Conservas Calvo, o torneo iniciarase o venres ás seis da tarde. O sábado comezará ás dez da mañá e o domingo, ás 9.30h.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica