Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O mar como fonte de emprego

Compartir:

O mar como fonte de emprego

Este luns, a partir das cinco da tarde e no Pazo da Cultura, unha xornada analizará as posibilidades de emprego que do mar podemos extraer.

O mar é tamén unha fonte de emprego. Carballo, malia a ser Costa da Morte e contar con quilómetros de privilexiado litoral, centrou historicamente a súa economía máis na terra, nos fértiles campos de Bergantiños, ca no mar. Esta xornada, enmarcada dentro do programa “Carballo, mirando ao mar”, quere darnos a descubrir as posibilidades laborais que se abren na costa.

Para iso, contaremos con dous bos exemplos de emprendemento, Canto da Balea e mais Pulponor, e cun representante da Rede Eusumo, promovida pola Consellaría de Traballo para o fomento do cooperativismo.   Este luns, 8 de xuño, terémolos en Carballo, no Pazo da Cultura e a partir das cinco da tarde, nunha xornada que abondará nas posibilidades de emprego no mar. Irá dirixida a xentes do mar mais non só, senón tamén a emprendedores e emprendadoras, persoas desempregadas e público en xeral interesadas no aproveitamento económico dos recursos costeiros.

Cooperativismo e emprendemento

"Ás cinco da tarde, José Baqueiro, da rede Eusumo, falará das posibilidades que podemos encontrar no cooperativismo. Ás seis e media, contaremos cos testemuños de Canto da Balea e Pulponor"

Ás cinco da tarde, José Baqueiro, da rede Eusumo, falará das posibilidades que podemos encontrar no cooperativismo. Ás seis e media, contaremos cos exemplos de Canto da Balea e Pulponor para reflexionar ao redor das posibilidades de emprego que do mar podemos extraer. Canto da Balea, un grupo de biólogos e biólogas especialmente preocupadas polo fomento da pesca artesanal sustentábel, traballa no asesoramento  a confrarías de pesca. Pulponor é unha cooperativa centrada na distribución de produtos conxelados, que ten no polbo a súa especialidade.

A xornada está organizada polo GAC 3 Costa da Morte a través do Fondo Europeo de Pesca, Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Consellería de Medio Rural e do Mar.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica