Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Pintando con mar

Compartir:

Pintando con mar

Lola Oviedo, Cristina Castro, Alejandra Martínez, Rachele Vallo, Laura Tova e Cristina Castro son as artistas encargadas dos novos murais do

Rachele Cavallo pintando no CEIP Bergantiños

Rachele Cavallo pintando no CEIP Bergantiños

O mar está a chegar nesta primavera aos muros da vila. As artistas Rachele Cavallo, Lola Oviedo, Alejandra Martínez, Emi de las Heras, Laura Tova e Cristina Castro serán as creadoras das novas obras que se unirán ao proxecto de arte urbana "Derrubando muros con pintura". Os motivos mariños e costeiros serán o común denominador de todos eles, pois forman parte tamén da iniciativa "Carballo, mirando ao mar", que pretende por en valor a nosa costa.

Seres mitolóxicos, fondos mariños, esceas nocturnas, natureza costeira.. serán algúns dos principais motivos dos novos murais. Moitos deles están xa en marcha. Tal é o caso do de Rachele Cavalho no Colexio Bergantiños, o de Cristina Castro no CEIP Xesús San Luis Romero, o de Laura Tova no pavillón polideportivo da rúa Vila de Noia ou o de Lola Oviedo no pavillón deportivo Carvalho Calero. Emi de las Heras será a última en comezar, probabelmente a mediados do mes de xuño.

Mitoloxía e paisaxe

Cristina Castro no CEIP Xesús San Luís Romero

Mural en proceso de Cristina Castro no CEIP Xesús San Luís Romero

E velaí algúns avances do que están a debuxar as nosas creadoras, segundo elas mesmas nos adiantaron. Emi delas Heras, que pintará na fachada do edificio máis novo do IES Alfredo Brañas, optará por unha imaxe poética e contemplativa, baseada nas sensacións que o mar evoca pola noite. Serán as súas formas sinxelas con cores potentes e protagonismo do debuxo xeométrico.

Serpentes mariñass ou polbos xigantes serán algún dos seres mitolóxicos que habitarán no mural da artista italiano-galega, Rachele Cavallo, nun dos muros do CEIP Bergantiños. Formas redondeadas, cores suaves e estética infantil, nunha paisaxe de acantilados que lembran o litoral entre Razo e Malpica.

Mirando baixo e sobre do mar

Alejandra Martínez no pavillón da Vila de Noia

Alejandra Martínez no pavillón da Vila de Noia

Co bloque dun dos muros do CEIP San Luis Romero está a pelexar Cristina Castro. Incide a artista na estética infantil, ao igual que xa fixo no anterior mural que elaborou para o Derrubando Muros con Pintura, no barrio da Milagrosa. Con cores planas e fortes fainos mirar  baixo o mar, cunha escena onde conviven peixes, cabaliños de mar, nenos buceando e mesmo un submariño.

Laura Tova levaranos até unha das súas paisaxes favoritas, as marismas de Baldaio, que reflectirá  nun mural nunha das paredes externas do CEIP Fogar, para poñer por en valor a riqueza ornitolóxica da zona, como paraíso que é para a observación de aves.

O océano tamén ten sereos

Lola Oviedo no pavillón deportivo Carvalho Calero

Lola Oviedo no pavillón deportivo Carvalho Calero

Preto dela estará Alejandra Martínez. A artista, autora do mural que decora unha das esquinas do pavillón Vila de Noia, encargarse agora da outra esquina do edificio. A súa actual creación pretende ser tamén, en contido, oposta á anterior: unha escena de mar, non de bosque, protagonizada por unha figura masculina, un vello sereo, fronte ao protagonismo feminino da anterior parede. Tamén, para esta iniciativa conxunta dos proxectos Derrubando Muros con Pintura e Carballo, mirando ao mar está a traballar a artista Lola Oviedo, cun mural de figuras xeométricas no pavillón Carvalho Calero.

Na semana do 1 ao 7 de xuño interromperán os traballos, para dar paso ao Rexenera Fest, o festival de arte urbana, que traerá a Carballo diversos artistas internacionais e estatais. Mais logo volverán retomalos. Nun xuño que promete intenso, entre os murais protagonizados polo mar e os que elaboren os creadores convidados ao Rexenera Fest, o Derrubando Muros con Pintura chegará xa á trintena de creacións que teñen as paredes da vila como lenzo.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica