Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Sendeirismo, concertos, teatro, deportes e, como non, domingo de feira. Todo isto na axenda da finde carballesa.

Día de concienciación de limpeza de praias. Praza de Razo. 11.00h Sysca. O Club Sysca celebra, este sábado pola mañá, o Día de concienciación de limpeza praias e respecto ao medio ambiente. As e os deportistas do club participarán na recollida de residuos da praia, ao igual que pais, nais, escolas, os mozos e mozas do curso de adaptación e mesmo outros clubs que xa confirmaron asistencia.

Trofeo ciclista do Concello de Carballo. A partir das 15.00h. Serán 200 as persoas ue participarán o sábado pola tarde na nova edición do Trofeo Concello Carballo. A competición dividirase en seis probas: feminina, cadete, júnior, alevín, infantil e proba de habilidades). As mulelres serán as primeiras en saír, ás 15.00 e dende a Praza do Concello, punto de partida dun traxecto de case 33 kilómetros. Seguirán os cadetes (16.30h), júnior (as 18.00 horas), alevíns (18.00h) e infantís (18.30h). A proba de habilidade será ás 19.00 horas na Praza do Concello.

Teatro. "Crispín e a profecía dos Vikingos". Pazo da Cultura. 20.30h. A Asociación Cultural Coro Vagalume poralle fin á programación das letras con dúas obras que representará nesta fin de semana, a primeira delas, "Crispín e a profecía dos Vikingos". A entrada será con invitación. Para conseguila, cómpre poñerse en contacto con Mónica Liñares (645930038)


Concerto de Lehnen e The Sonic Light.Sala A Reserva. 21.00h.  Dende Viena chegará a música dos Lehnen, un cuarteto conformado por dous estadounidenses e dous austríacos que teñen previsto sacar en breve o seu cuarto álbum. O seu estilo calla no post rock, aínda que tamén amosa influencias do post hardcore o o post etal. The Sonic Light traeranos o seu rock alternativos con influencias variadas, dende Muse ou Radiohead até Arctic Monkeys ou Black Keys. 5 euros.

Ruta polos ríos de Sofán

Ruta polos ríos de Sofán

Ruta sendeirista por Sofán. Todo o día. O domingo, a asociación ambiental Senda Nova proseguirá co seu programa do "Primavera en ruta". Nesta ocasión trasladaranse  Sofán, nunha fermosa ruta que decorrerá polas ribeiras dos ríos que cruzan a parroquia. O último día para inscribirse é o venres, 22. Máis info aquí.

Teatro. "Escola de piratas", "Todo é un conto e "Un conto de piratas". A partir das 18.00h. Pazo da Cultura. As tres funcións correrán a cargo da Asociación Cultural Coro Vagalume. A entrada será con invitación. Para conseguila, cómpre poñerse en contacto con Mónica Liñares (645930038)


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica