Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda do Día das Letras 2015

Compartir:

Axenda do Día das Letras 2015

Será a de hoxe unha xornada concorrida en Carballo. Aos actos do Día das Letras súmase a celebración do Pequebasquet, que traerá a Carballo nenos e nenas de toda Galicia e Asturias.

Os artistas carballeses Mon Lendoiro e O Mighelo.

Os artistas carballeses Mon Lendoiro e O Mighelo.

Toda a xornada. Pequebasket. Complexo deportivo Carballo Calero. Ás 10.30 iniciaranse os partidos da terceira edición do Pequebasquet, que congregará en Carballo a cativos e cativas, de cinco a oito anos, de toda Galicia e Asturias. Máis info aquí.

Toda a xornada. Mercado Medieval. Ao redor dos 70 postos, o dobre que o ano pasado, conforman esta segunda edición do Mercado Medieval, no barrio da Milagrosa. Toda a info aquí.

11.00h. As letras en Voces. Os autores e autoras homenaxeados no Día das Letras serán postos na voz tanto de representantes dos distintos grupos municipais como de todas aquelas institucións e veciñ@s que queiran participar. O acto iniciarase ás 11.00h coa Banda Municipal de Gaitas e rematará ás 13.30h.

11.00h. Concurso de Pintura Luis Calvo. Xardín municipal. A Asociación Lumieira organiza a XXXVI edición do concurso infantil de debuxo e pintura. Participarán nenos e nenas dende 1º de Primaria até 2º da ESO. O concurso dividirase en catro categorías e, en cada unha delas, serán premiados tres debuxos cun lote de libros. Sortearanse, ademais, dúas bicicletas. Tamén poderán participar @s cativ@s de educación infantil, mais sen entrar a concurso.

12.00h. Espectáculo de títeres e contos. Xardín Municipal xunto á palmeira. O espectáculo, a cargo de Larraiz Urruzola, estará dirixido a nenas e nenos a partir dos catro anos. Titulado "Ai, Rosalía, Rosalía (A viaxe de Rosalía),  estará dedicado á nosa escritora máis universal, Rosalía de Castro.

13.30. Concerto das Letras. Rúa Coruña. A Banda Municipal de Música de Carballo, dirixida por Vicente Pérez Planells, poñerá fin á xornada de mañá do Día das Letras cun concerto na céntrica Rúa Coruña.

13. 45h. Fernando Romay no Concello. O ex xogador de baloncesto, Fernando Romay, padriño da terceira edición do Pequebasquet, será recibido no Concello. A primeira hora da tarde, achegarase ate o Complexo Deportivo Carvalho Calero a xogar coas nenas e cos nenos de toda Galicia e Asturias que hoxe veñen até Carballo para gozar dun día de baloncesto.

18.00h. Encontros Culturais Arume. Local Social de Berdillo. Con este festival de música e baile organizado pola senlleira asociación cultural Arume festexarase o Día das Letras na parroquia de Berdillo.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica