O Campionato Estatal Masculino de Balonmán, en Carballo
Do 24 ao 26 de abril, catro equipos estatais xóganse na capital bergantiñá o pase á final
Balón de balonmán
Se Carballo é deporte, o balonmán é un dos seus deporte rei. As escolas Xiria fixeron méritos abondo para que así sexa. E para mostra, un botón máis. Esta semana, entre o 24 e o 26 de abril, celebrarase na nosa vila o Campionato Estatal Masculino de Balonmán.
Catro equipos, clasificados nos postos máis altos das súas respectivas ligas, xogaranse aquí o pase á final. Estes días, a capital bergantiñá será anfitrioa de deportistas chegados de Asturias, Palencia e Biscaia, que disputarán co Laber Xiria, subcampión galego, esta fase eliminatoria. Só un deles, o gañador, conseguirá o pase á fase final.
Os xuvenís carballeses teran que suar a camiseta fronte ao Real Grupo Cultural Covadonga de Gijón, campión de Asturias; o Semillas KWS Balopal de Balencia, subcampión de Castela León e o Indupime Bausauri de Bizcaia, terceiro clasificado na Liga Euskadi. O Laber Xiria enfrontarase ao Basauri o primeiro día ás oito da tarde, ao Semillas KWS Balopal, á mesma hora do sábado, e ao Covadonga o domingo ás 12.45.
Carballo, potencia deportiva
Calvo Xiria
O deporte é, en Carballo, importante motor turístico. Son moitas as persoas que cada ano acoden á vila dende distintos puntos de Galicia e do estado a ver competir os seus equipos pois Carballo conta con equipos en lugares destadados nas clasificacións de distintas prácticas deportivas.
O Escola Lubiáns Calvo é subcampión da primeira división autonómica de hockey. O Volei Xiria Cervantes destaca como campión da segunda división B feminina. O Bergan Xuvenil B é campión de liga. O Carballo a un paso está de terceiro na segunda autonómica de baloncesto sénior. E non podemos esquecernos de Maikel Vilariño, que vén de gañar a última proba do Campionato de España de Autocross na modalidade de carcross.